Parabéns a entidades que resultaron agraciadas no sorteo de lotería de Nadal
  • Novas
  • 04 de enero de 2019

Parabéns a entidades que resultaron agraciadas no sorteo de lotería de Nadal


Parabéns ás entidades Asociación Gallega de Trasplantados de Médula Ósea (Asotrame) e Amizade porque a sorte do azar estivo da súa parte durante o sorteo da lotería de Nadal.

As persoas que mercaron participacións de Asotrame teñen a devolución que poderán cobrar de luns a venres, en horario de 10 a 13 horas na oficina da entidade que está situada na Rúa Cuatro Caminos Local Social de A Gándara 1º en Narón, ou tamén na delegación situada en Manuel Azaña, s/n (Antig. Ofic. da Cross) en O Burgo, no concello de Culleredo, durante os xoves en horario de 17 a 19 horas.

As participacións da lotería de Amizade resultaron premiadas con 10,50 euros que se poderán cobrar en calquera oficina de la Caixa a partir do 14 de xaneiro.

Parabéns ás persoas e entidades agraciadas!