Persoal dos centros Carrefour de Vigo e Pontevedra comparten xornada con COGAMI

O centro de recursos que ten COGAMI en Mos tivo unha xornada diferentes ás habituais. Un total de trece traballadoras e traballadores dos centros comerciais Carrefour de Vigo e Pontevedra estiveron de visita no centro e compartiron xornada coas persoas usuarias.

Co motivo desta visita, enmarcada no proxecto de Voluntariado de Carrefour denominado `El día de la buena gente´, as persoas voluntarias colaboraron no coidado do xardín e da horta terapéutica que dispón o centro. 

Durante a xornada fixeron tamén un tramo de senda accesible localizada no xardín do centro e construíron unha caseta de apeiros no horto terapéutico.