Persoas usuarias de Adisbismur, Amico e COGAMI estrean no teatro Principal de Santiago o espectáculo de danza “Palabras que habitan corpos”
  • Novas
  • 10 de junio de 2019

Persoas usuarias de Adisbismur, Amico e COGAMI estrean no teatro Principal de Santiago o espectáculo de danza “Palabras que habitan corpos”


Este venres, ás 20:30 horas, estrea no teatro Principal de Santiago de Compostela o espectáculo de danza "Palabras que habitan corpos”, unha mostra que forma parte da terceira edición do programa comunitario multidisciplinar Torre de Babel, que se vén celebrando no Concello de Santiago co apoio da área de Políticas Sociais.

Entre as persoas que interpretan esta obra están persoas usuarias de ADISBISMUR de Muros, AMICO de Santiago e tamén de COGAMI. Baixo a premisa: "Que te move?" as máis de 20 persoas participantes no espectáculo usarán o seu propio corpo, a palabra, a voz e a imaxe para realizar unha posta en escena única, con diversas micropezas propostas polos propios alumnos e alumnas.

Durante a estrea sairán ao escenario tras tres meses de traballo dirixido baixo a batuta de  Leo Rodríguez e Carlota Pérez, ademais doutros profesionais da música, son, fotografía e a ximnasia.