Persoas usuarias de COGAMI experimentan a equitación adaptada
  • Novas
  • 27 de diciembre de 2017

Persoas usuarias de COGAMI experimentan a equitación adaptada


As instalacións da Real Sociedad Deportiva Hípica de A Coruña, situadas en Arteixo, acollen durante tres días unha actividade de equitación adaptada na que participan 10 persoas con discapacidade usuarias de COGAMI en A Coruña.

Financiada polo concello de A Coruña, a través da convocatoria de fomento do deporte, esta actividade pretende achegar as actividades deportivas ás persoas con discapacidade, moitas veces imposibilitadas de practicalos porque as instalacións non están adaptadas ás súas necesidades.

A equitación adaptada empezou o martes e remata este xoves, realizándose en quendas de dúas horas pola tarde. Cada unha destas sesións conta con monitores cualificados e certificados ademais de persoal de apoio e de acompañamento. Ademais, os cabalos están especialmente adestrados para que os xinetes non teñan sobresaltos. 

Ademais da equitación adaptada, este programa de fomento do deporte do Concello de A Coruña tamén englobou unha actividade de vela adaptada que se desenvolveu durante o tres días a finais do mes de agosto e nel participaron 28 persoas.