Persoas usuarias de COGAMI practican equitación adaptada en A Coruña
  • Novas
  • 20 de diciembre de 2018

Persoas usuarias de COGAMI practican equitación adaptada en A Coruña

COGAMI desenvolve en A Coruña un proxecto multideportivo no que, as nosas persoas usuarias puideron practicar equitación, tenis e vela adaptada.

Este proxecto está cofinanciado polo Concello de A Coruña, a través da convocatoria de subvencións para a promoción e o fomento do deporte, tendo por finalidade ofrecer oportunidade de achegarse ao mundo do deporte de forma recreativa ás persoas con discapacidade.

Estes días estase desenvolvendo a actividade de equitación adaptada nas instalacións da Real Sociedad Deportiva Hípica de A Coruña en Morás, no concello de Arteixo, que contará con catro quendas de participación, sendo a primeira durante esta semana.

Outras actividades deportivas que se desenvolveron foron o tenis adaptado, que se realizou na Escola de tenis Marineda en Cambre, e a vela adaptada xa se desenvolveu durante a época de verán, do 29 de xuño ao 1 de xullo, onde participaron 28 persoas.

Todas estas actividades deportivas van contar con monitores cualificados e certificados, persoal de apoio e acompañamento, cabalos especialmente adestrados, instalacións accesibles e transporte adaptado.