Persoas usuarias de Medelo son as protagonistas da mostra fotográfica Nós que se estrea na Casa da Cultura de Silleda
  • Novas
  • 20 de noviembre de 2019

Persoas usuarias de Medelo son as protagonistas da mostra fotográfica Nós que se estrea na Casa da Cultura de Silleda

A exposición, que leva por título Nós e que foi realizada polo fotógrafo Luis Taboada Brea durante os dous anos que estivo de voluntario no centro, recolle 48 fotografías en branco e negro nas que se poden apreciar diferentes escenas cotiás de convivencia no centro.

Na inauguración, ademais das fotografías se poyectó un vídeo sobre o traballo realizado durante a selección do material e tamén actuaron as pandereteiras de Fortín da Pomba, ademais de haber unha degustación culinaria de produtos realizados polos usuarios nos obradoiros de cociña que desenvolven no centro de Medelo.

Ata o 7 de decembro estará aberta a mostra ao público na Casa da Cultura de Silleda e arredor dela celebraranse actividades para visibilizar o traballo que se vén realizando no centro que conta cun persoal de 12 persoas traballadoras que atenden a 27 persoas usuarias das comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes.

O centro de recursos de Medelo, ademais de ofrecer servizo de transporte adaptado, tamén conta con servizo de comedor e ofrece tanto formación básica como dirixida cara ao emprego, ademais de actividades de rehabilitación e mantemento, obradoiros de artesanía en cestería, la e coiro, e tamén realiza actividades deportivas, culturais e de lecer  co fin de mellorar a autonomía das persoas con discapacidade que acoden ao centro de luns a venres.