Persoas usuarias do centro de COGAMI en Medelo finalizan tempada cunha representación teatral
  • Novas
  • 07 de agosto de 2018

Persoas usuarias do centro de COGAMI en Medelo finalizan tempada cunha representación teatral


Broche de ouro para finalizar o curso e recargar pilas durante as vacacións de verán.

O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, no concello de Silleda, vai representar varias obras de teatro como despedida de actividade desenvolvida durante este ano polo centro, ata que volva abrir en setembro.

As instalacións do centro sociocultural Vista Alegre de Bandeira acolleron varias representacións teatrais nas que formaron parte un total de 13 persoas con discapacidade, todas elas usuarias do centro de recursos de Medelo.

Durante un ano estiveron ensaiando as seis pezas que representaron e que foron escollidas polas propias persoas integrantes do grupo de teatro, sendo estas: As obras del cocinero, Entre rejas, La primera cita, Danzando the singing in the rain, monólogo de Cómo se sufre en un baño público e Sin mirar.

A mostra de teatro foi de balde, aberta a toda a persoa que estivo interesada en asistir e compartir unha tarde de interpretación e humor. Esta foi unha experiencia gratificantes para todas as persoas participantes, onde superaron os medos a expresarse, a comunicarse e tomaron conciencia das grandes capacidades que teñen cando se superan as limitacións que nos autoimpoñemos.