Persoas usuarias do centro de Fingoi participan nunha instalación do artista lucense Iago Eireos
  • Novas
  • 15 de octubre de 2019

Persoas usuarias do centro de Fingoi participan nunha instalación do artista lucense Iago Eireos


As persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Fingoi, en Lugo, participaron nun obradoiro artístico do artista lucense Iago Eireos que leva por título Nación SA.

Realizada pola Deputación de Lugo, esta exposición ten por obxecto reflexionar sobre a idea de nación a través de intervencións artísticas que  poñen en diálogo conceptos como memoria, historia, estado, goberno, bandeira, himno, territorio, fronteira, pobo ou cultura.

Nos xardíns que rodean o edificio da Deputación de Lugo levouse a cabo a idea de bandeira e logo realizáronse  outras obras como unha especie de cartografía emocional que se despregou na Praza de San Marcos.

Previa a esta colaboración, o centro de recursos de Fingoi tivo a oportunidade de visitar a exposición na que o propio artista exerceu de guía o que supuxo unha oportunidade para introducirse no mundo da arte contemporánea de forma lúdica e en primeira persoa.