Persoas usuarias do centro de Medelo reciben premio ao mellor disfraz sénior en Silleda
  • Novas
  • 13 de marzo de 2019

Persoas usuarias do centro de Medelo reciben premio ao mellor disfraz sénior en Silleda


Non cabían en si de gozo. As persoas usuarias do centro de recursos que COGAMI ten en Medelo, no concello de Silleda, recibiron a visita do alcalde desta localidade, Manuel Cuiña, e máis da concelleira de Cultura, Ana Luisa González. O motivo foi a entrega do primeiro premio da categoría sénior colectivo do concurso de disfraces celebrado na localidade o domingo de Entroido.

O centro de Medelo desfilou na comparsa coa proposta Fant-Asia, onde persoas usuarias e traballadores ían caracterizados con elementos asiáticos aos que non lles faltou un dragón xigante.

O alcalde e a edil puideron coñecer todos os obradoiros que se desenvolven en Medelo durante a visita, incluso puideron degustar unhas rosquillas que as propias persoas usuarias realizan na cociña do centro.