Rematadas as obras de mellora de climatización no centro de recursos que COGAMI ten en Medelo
  • Novas
  • 20 de noviembre de 2020

Rematadas as obras de mellora de climatización no centro de recursos que COGAMI ten en Medelo

O centro de recursos que COGAMI ten en Medelo vén de rematar as obras de mellora de climatización das instalacións, unhas obras que foron financiadas pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda procedentes das persoas que marcaron o cadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” e a través do Plan de Prioridades da Fundación ONCE.

As obras realizadas foron de mantemento de instalacións para solucionar pequenas incidencias que se foron producindo nos espazos tralo seu uso e co paso do tempo. Estas remodelacións tiveron que ver co pintado de paredes, revestimento de muros para previr humidades, mellora da climatización e na ventilación.

Todas estas melloras, que finalizarán coa remodelación da fachada e da cuberta, incidirán positivamente na mellora do centro e, en definitiva, das persoas usuarias e profesionais que acoden a estas instalacións de luns a venres.