Tecnoloxía 3D para incentivar o deseño de produtos de apoio nos centros de recursos de COGAMI
  • Novas
  • 16 de noviembre de 2020

Tecnoloxía 3D para incentivar o deseño de produtos de apoio nos centros de recursos de COGAMI

Son vinte as e os profesionais dos centros de recursos que COGAM ten en Mos, Monteporreiro, Fingoi, Medelo e no Proxecto Innovador do CEGADI quen se están formando no curso denominado Ideación, deseño e impresión 3D de produtos de apoio.

Financiado por Fundación Repsol, a través desta formación preténdese mellorar a autonomía das persoas usuarias destes centros  . Para isto, profesionais da entidade aprenden o manexo dunha impresora 3D,  para poder deseñar produtos de apoio de baixo custo e axustados ás necesidades das persoas con discapacidade física dos nosos centros.

Poder manexar unha impresora 3D suporá deseñar e crear axudas técnicas que facilitan a mellora da autonomía a un prezo reducido, permitindo o acceso a postos de estudo e traballo, manexo de ferramentas de comunicación ou para o desenvolvemento de afeccións artísticas.

Malia que son vinte as persoas que se están formando, todas elas con perfís profesionais de terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas, ascenden a máis dun centro as que se poderán beneficiar desta formación. Durante unha xornada de 16 horas de teoría e práctica, traballaranse contidos como introdución á impresión 3D, aplicacións da impresión 3D e o seu potencial ao ámbito da discapacidade e autonomía persoal, recursos para obter modelos útiles e deseño e creación de modelos.