Tres entidades novas entran a formar parte da Federación COGAMI Pontevedra: Alcer Pontevedra, Asem Galicia e AVEMPO
  • Novas
  • 11 de junio de 2018

Tres entidades novas entran a formar parte da Federación COGAMI Pontevedra: Alcer Pontevedra, Asem Galicia e AVEMPO

A familia COGAMI medra e así o corrobora a entrada durante esta fin de semana de tres asociacións novas na Federación COGAMI Pontevedra, durante a celebración da XXV Asemblea Xeral Ordinaria en Vilagarcía de Arousa.

Alcer Pontevedra, Asem Galicia e AVEMPO son as tres entidades que entraron a formar parte da Federación provincial, que xa conta con 16 asociacións membro.

Alcer Pontevedra é a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, con sede en Vilagarcía, desenvolve actividades dentro do eido da difusión e a sensibilización, así como tamén promoven melloras na atención de pacientes renais.

Asem Galicia é a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares traballa para contribuír á mellora da calidade de vida das persoas afectadas e atender ás súas necesidades. Entre os servizos que presta está o préstamo de produtos de apoio, a atención psicolóxica, traballo social e a coordinación con diferentes profesionais do eido sanitario.

A terceira entidade en entrar é AVEMPO, a  Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra, que ten por misión a de axudar e informar ás persoas con esta enfermidade neurodexenerativa, realizando actividades, prestando servizos e brindando apoio para retardar a deterioración que da enfermidade.