Tres persoas usuarias de Medelo formáronse a distancia na produción de leite ecolóxico e derivados
  • Novas
  • 02 de agosto de 2019

Tres persoas usuarias de Medelo formáronse a distancia na produción de leite ecolóxico e derivados


Foron dous meses os que durou o curso de Produción e transformación de leite ecolóxico en Galicia e Asturias, unha formación destinada a persoas desempregadas. Dende o centro de recursos que COGAMI ten en Medelo (Silleda), foron tres as persoas que estiveron interesadas en participar: Paula Clemente, Manuel Gaspar Rivadulla e Adrián Ríos.

Financiado por Fundación Biodiversidade e o Ministerio de Agricultura e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, o curso foi totalmente gratuíto, contou cunha duración de 50 horas e desenvolveuse on line.

Ao ser imprescindible ter un ordenador con conexión a Internet, os tres usuarios de Medelo utilizaron os medios cos que conta o centro, polo que contaron en todo momento co apoio da área de educación social, co fin de contribuír á formación das persoas usuarias. Nos vindeiros días recibirán unha certificación que acredita os coñecementos adquiridos.

Para poder formar parte desta formación, a parte de ter interese pola temática, era necesario ter en posesión o certificado de discapacidade e figurar como demandante de emprego.