Un convenio entre Adapta e unha ortopedia permitirá descontos ás persoas asociadas da entidade
  • Novas
  • 07 de febrero de 2019

Un convenio entre Adapta e unha ortopedia permitirá descontos ás persoas asociadas da entidade


A  Asociación de Persoas con Discapacidade das comarcas de O Condado e Paradanta (Adapta) vén de asinar un convenio de colaboración coa Ortopedia-Parafarmacia Lago Rivero de Ponteareas.

A través desta colaboración, as persoas asociadas á entidade poderán acollerse a uns  beneficios como son descontos nos produtos ortopédicos e parafarmacéuticos de ata un 10%, asesoramento individual gratuíto, financiamento ata 12 meses sen xuro, servizo de entrega a domicilio gratuíto, descontos en repostos e accesorios, revisións de cadeiras eléctricas anuais e acceso a promocións e ofertas exclusivas.

Este convenio entrou en vigor trala sinatura. Para ampliar información, pódese contactar coa entidade Adapta no teléfono 986 916 012 ou enviando un correo electrónico a crd.ponteareas@cogami.gal