Un programa desenvolvido cos fondos do 0,7% do IRPF beneficia a persoas con discapacidade de A Mariña-COGAMI
  • Novas
  • 24 de julio de 2019

Un programa desenvolvido cos fondos do 0,7% do IRPF beneficia a persoas con discapacidade de A Mariña-COGAMI


A Asociación de Persoas con Discapacidade de A Mariña Lucense (A Mariña-COGAMI) desenvolve un programa de Desenvolvemento Integral que beneficia a 11 persoas usuarias da entidade procedentes de concellos da comarca de A Mariña.

Este proxecto é posible a través do financiamento dos fondos do 0,7% de IRPF da declaración da renda, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o cadro de “Actividades de interese Xeral consideradas de interese social” e que dende hai dous anos xestiona a Xunta de Galicia.

Este programa de Desenvolvemento Integral pretende promover a adquisición e mellora das habilidades sociais, formativas e prelaborais. Outras das finalidades que ten en beneficio das persoas con discapacidade de A Mariña é a de desenvolver técnicas que favorezan a habilitación funcional da persoa beneficiaria, reducindo a incidencia da discapacidade.

Todas as actividades que se levan a cabo no centro de recursos Palmeiro que a asociación A Mariña-COGAMI ten en Xove, teñen como finalidade a promoción do desenvolvemento integral das persoas con discapacidade, potenciando todo tipo de capacidades, non soamente as cognitivas ou intelectuais, senón tamén as que fan referencia a súa inserción social e ás relacións interpersoais, sen descoidar o mantemento terapéutico e a súa recuperación.

Para poder lévalo a cabo, este programa conta cun financiamento da Xunta de Galicia de 36.031,67€ procedentes da convocatoria de subvencións que as persoas contribuíntes derivan marcando a X Solidaria na declaración da renda.