Un total de 42 persoas que se forman con COGAMI realizan as prácticas en empresas de Ferrolterra
  • Novas
  • 02 de febrero de 2018

Un total de 42 persoas que se forman con COGAMI realizan as prácticas en empresas de Ferrolterra


Un total de 42 persoas que se están a formar con COGAMI, das que 26 son mulleres e 16 son homes, iniciaron as prácticas laborais en empresas da comarca de Ferrolterra.

O alumnado, que se está a formar en cursos AFD que financia a Consellería de Economía, Emprego e Industria, estase preparando en tres formacións diferentes, sendo estas de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais, Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

As prácticas laborais están sendo realizadas en empresas colaboradoras con COGAMI da zona, sendo estas: Gestoría Faro, AJE Ferrolterra, Blavice Services, Academia Postal, Fundación Laboral de la Construcción, APC, Gestoría Más Uno, Jorge Juan Jubia, Tirso de Molina, Reclamo del Noroeste, Europublicidad, Clece, Cooperativas Santa María do Val e Meiras, Coregal, Viaqua, Amil Lago, Impronta, Raja & Santiago Asesores, Servicios APC, Globaltika, Roalga, Dental Gandara Ferrol, Afal Ferrolterra, O Lar de Baucis, CAMF, Súa Casa, Residencia San José e Residencia Mi Casa.

O alumnado que se forma en Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais realizarán estas prácticas durante 40 horas que van ser distribuídas en 8 días, mentres que o alumnado dos outros dous cursos ampliarán os seus coñecementos prácticos durante 80 horas, que se repartirán ao longo de 16 días.

O alumnado, procedente dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, San Sadurniño, Ares e Cedeira, ao finalizar estas prácticas laborais recibirá un certificado oficial de profesionalidade para favorecer a inserción laboral. Precisamente durante o ano pasado, o 35% das persoas que se formaron nos cursos que impartiu COGAMI lograron inserirse laboralmente.