Visita do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral a COGAMI
  • Novas
  • 22 de agosto de 2018

Visita do Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral a COGAMI


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, estivo de visita nas instalacións que COGAMI ten en Santiago. Recibido polo presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, o vicepresidente, Ramón Sestayo, e a coordinadora do Servizo de Intermediación Labnoral, Mari Insua, o Director destacou a formación como piar para o emprego inclusivo e a necesidade de que esta se adapte ás necesidades reais das empresas.

Neste encontro, COGAMI presentou os datos acadados polo servizo de orientación e intermediación laboral da entidade, realizando 2.652 orientacións durante o primeiro semestre de 2018. O Director Xeral, tras agradecer o labor da entidade, anunciou que a Xunta destinará a COGAMI 27 dos 244 orientadores laborais contratados para este ano.

Tamén anunciou que a Xunta destinará 14,6 millóns de euros a programas específicos para o emprego das persoas con discapacidade, dos que ser reservarán 12,4 millóns de euros para apoiar os centros especiais de emprego e os postos de traballo das 2.500 persoas con discapacidade dos 107 centros galegos, dos que dentro destes estarían as 9 iniciativas sociais que forman parte de Galega de Economía Social.