Catro persoas inician traballo en COGAMI a través do programa de Cooperación de Garantía Xuvenil

Catro persoas inician traballo en COGAMI a través do programa de Cooperación de Garantía Xuvenil

Este programa pretende fomentar o emprego xuvenil en Galicia, sobre todo dos colectivos específicos con dificultades de inserción, a través de programas de cooperación con entidades sen ánimo de lucro.

COGAMI presentouse a esta convocatoria enmarcada dentro do Programa operativo de emprego xuvenil CCI2014ES05M9OP001 financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e mailo Fondo Social Europeo.

Trala resolución, foron aprobadas catro persoas que se incorporarán nos centros de traballo que COGAMI ten en Santiago, Medelo, A Coruña e Monteporreiro. Todas elas son menores de 30 anos, están inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil, estarán contratadas durante un período superior a 6 meses.

Descarga as bases da convocatoria.

Descarga  cartel