ACCEDE SOCIAL

ACCEDE SOCIAL

Centro especial de emprego que se dedica ao transporte adaptado, unha actividade necesaria que xa se demanda dentro da propia organización COGAMI. Accede Social utiliza a marca Coinco na rotulación dos seus vehículos por ser este su nombre inicial e polo que se coñece.

O transporte público non é accesible e non cubre todas as rutas necesarias no rural. Polo tanto, os primeiros vehículos de Accede Social cómpranse para desprazar a persoas asociadas, logo realizarán as rutas de centros de día e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e dalgún Concello que contrata os seus servizos. 

Arestora conta cunha flota de 16 microbuses que benefician a máis de 200 persoas e ten un cadro de persoal conformado por 60 persoas, o 100% con discapacidade.