COREGAL

COREGAL

É primeiro centro especial de emprego que inicia a actividade, foi en 1994 despois de que un  grupo de persoas con discapacidade se formaran nun curso europeo sobre reciclaxe.

Se ben COREGAL iniciou dedicándose só á recollida de papel e cartón, hoxe en día está centrado na xestión integral de calquera tipo de residuo.

Cando iniciou a actividade, COREGAL contaba con 10 persoas contratadas. Hoxe en día é a maior empresa de COGAMI, ten 175 persoas traballando nas plantas que están situadas en Santiago de Compostela, Narón, Carballo, Boiro e Mos, e xestiona puntos limpos de concellos de toda Galicia. O 92% do cadro de persoal ten discapacidade.