DIXARDÍN

DIXARDÍN

Centro especial de emprego que presta servizos de deseño, obra e mantemento de zonas verdes e xardíns tanto a clientes públicos como a particulares.

Dixardín inicia actividade en 2000 cun total de 9 persoas traballando, un cadro de persoal que foi incrementando paulatinamente ata ser hoxe en día 37 as persoas contratadas. Destas, o 78% ten discapacidade.