Hornos Lamastelle

Hornos Lamastelle

Esta iniciativa de economía social dedicada á bolería e empanada abre en 1991 con 10 persoas traballando e distribuíndo o produto pola zona de A Coruña. Tres anos máis tarde, esta distribución deixou de ser local para converterse a nivel nacional, tendo como principal marca de identidade a empanada e a torta de Santiago.

Actualmente, Hornos Lamastelle está investigando novos sabores para as empanadadas e xa vende fóra, concretamente chega a Suíza. Conta cun cadro de persoal de 75 persoas, destas, o 93% con discapacidade.

Hornos Lamastelle conta tamén cun punto de venda ao público, cuxo enderezo sería este:

Avda. Juan Flórez, 124, 15.005 A Coruña.

Teléfono:  981 239 050.

E-mail: tienda@lamastelle.gal  

Horario: de luns a venres de 8.00 a 21.00 h. e sábados, domingos e festivos: de 9.00 a 21.00 h.