INTEGRATEX

INTEGRATEX

Este proxecto con INDITEX inicia en 2007 coa apertura en Allariz dunha tenda outlet de roupa, calzado e complementos da marca Massimo Dutti.

Este establecemento forma parte do programa “form&from”, supoñendo unha oportunidade para a contratación de persoal con discapacidade e que está adaptada ás necesidades de calquera cliente.

Posteriormente, abre Tempe, tamén situada en Allariz que comercializa calzado e complementos. A última en incorporarse a Integratex foi a tenda Pull&Bear que abriu en 2016 en Ferrol.

Se ben Integratex abriu con 7 persoas contratadas, hoxe en día son 20 das que o 90% ten discapacidade.

Contacto:

Tenda Tempe

Rúa Fonteiriña, 5

32660 Allariz Ourense

Teléfono: 988 440 349

Email: tempe@integratex.gal

Tenda Pull&Bear

Rúa Real, 82  

15402 Ferrol A Coruña

Teléfono: 981 356 073

Email: pull&bear@integratex.gal