Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense

Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense

  • Dirección: Rúa Ibañez nº2 (Centro Sociocomunitario)
  • Código Postal: 27700
  • Localidade: Ribadeo
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: amarina@cogami.gal
  • Teléfono: 982 130 289
  • Teléfono móbil: 664 494 092
  • Fax: 982 130 289

ORIXE

Esta entidade foi fundada no ano 1989, por un grupo de persoas con discapacidade da Mariña Lucense, coa finalidade de coordinar e promover a defensa dos intereses das personas con discapacidade para así conseguir a máxima atención social á problemática que representan, e a súa total integración na sociedade. Foi declarada de utilidade pública no ano 2013.

MISIÓN

- Facer un labor de promoción dos dereitos individuais e colectivos das persoas con discapacidade.

- Informar, asesorar e orientar en tódolos eidos da integración do colectivo.

- Realizar actividades formativas que respondan ás necesidades detectadas, de xeito que favorezan a integración educativa, laboral e social.

- Potenciar a participación das persoas con discapacidade en tódolos sectores posibles.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

Dirixímonos á poboación en xeral, profesionais, Organismos Públicos, Privados e Entidades que traballan có sector da discapacidade.

Particularmente dirixímonos ás persoas con discapacidade física da Comarca da Mariña Lucense, que precisen información sobre cuestións derivadas da súa discapacidade.

PERSOAS ASOCIADAS

Actualmente contamos con 183 persoas asociadas.

SERVIZO DE INFORMACIÓN ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO

Este servizo ten como finalidade dar respostas ás carencias e necesidades de Información do noso colectivo, dirixíndonos á persoas discapacitada, a súa familia e aos profesionais directamente implicados.

SERVIZO DE INTERMEDIACIÓN LABORAL

A Asociacion colabora co Servizo de Intermediación Laboral (SIL da COGAMI), trátase dun servizo especializado de apoio á incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade.

 

PROMOCIÓN DO MOVEMENTO ASOCIATIVO

En colaboración coa Federación de Asociacións de persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI-LUGO), lévase a cabo actividades de potenciación do movemento asociativo co obxectivo de que sexan as propias persoas afectadas as que asuman a súa problemátiva e busquen as solucións máis axeitadas.

 

CAMPAÑAS DE DIFUSIÓN E SENSIBILIZACIÓN

- Charlas informativas dirixidas ás persoas con discapacidade e ás súas familias,para dar a coñecer os recursos cos que conta o movemento asociativo, e coñecer as súas necesidades.

- Presentación de servizos ás entidades e profesionais para dar a coñecer a estrutura do movemento asociativo e os programas e servizos cos que conta.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN

  • FORMACIÓN OCUPACIONAL

Xestionamos a inscripción para a realización de cursos dirixidos a Persoas con Discapacidade inscritas como demandantes de emprego. Os cursos impártense na modalidade presencial e a distancia, e pertencen á familia profesional da Administración, Oficinas, Informática e Xardinería.

  • TALLERES PRELABORAIS E OCUPACIONAIS DE PERSOAS ADULTAS

Realízanse talleres de Iniciación á Informática básica, Mecanografía, Reparación de pequenos electrodomésticos, Pintura ao óleo, Fotografía dixital e tala de madeira.

PROGRAMAS DE OCIO, TEMPO LIBRE E SAÚDE

Realízanse actividades para mellorar a calidade de vida das persoas, e potenciar a prevención. Por exemplo mediante saídas culturais, respiro familiar e termalismo, rehabilitación física e fisioterapia, talleres de autoestima, coidado persoal e charlas de prevención de Lesións Medulares.

CRD PALMEIRO

 

 

SEDE SOCIAL

Enderezo: Rúa Ibañez Nº 2 (Centro Sociocomunitario)

CP: 27700

Localidade: Ribadeo

Provincia: Lugo

Teléfono: 982.130.289

E-mail: amarina@cogami.gal

 

LOCAL CONCELLO BURELA

Enderezo: Local Asociacións da Antiga praza de Abastos, Praza da Mariña s/n- 1º

CP: 27880

Localidade: Burela

Provincia: Lugo

 

CRD PALMEIRO

Enderezo: Urbanización Palmeiro s/n, A Regueira

CP: 27870

Localidade: Xove

Provincia: Lugo

Teléfono: 982592765

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

     

Non se atoparon resultados!