Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros

Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros

  • Dirección: R/ Rosalia de Castro
  • Código Postal: 15250
  • Localidade: Muros
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: adisbismur@cogami.gal
  • Teléfono: 981764377
  • Teléfono móbil: 636846774
  • Fax: 981764377
  • Páxina Web: http://www.adisbismur.es/

ORIXE:

A Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros, ADISBISMUR, fundouse no ano 1982 como entidade sen ánimo de lucro co fin de procurar a integración (social, laboral, educativa...) e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade da comarca. Esta asociación nace como resposta ó abandono que as persoas con discapacidade sufrían en Galicia nesta época, e forma o inicio do movemento asociativo, sumándose pouco despois ó de toda Galicia ca creación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI.

Somos unha entidade creada co fin de traballar pola integración social, formativa e laboral das persoas con discapacidade da comarca. Temos un centro ocupacional e un centro de día en Valadares, Outes, onse se imparten actividades formativas, obradoiros prelaborais, actividades de rehabilitación, transporte adaptado, servizos de comedor, actividades de ocio e tempo libre, información e asesoramento, escola de familias, etc.

MISIÓN:

É misión de ADISBISMUR promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara a súa plena integración.

OBXECTIVOS:

Os fins principais de ADISBISMUR son:

  • Defender a igualdade dos dereitos das persoas con discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que as persoas socias poidan cumprir a misión.
  • Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  • Reunir e difundir información axeitada sobre os problemas da discapacidade.
  • ...

AMBITO DE ACTUACIÓN:

O seu ámbito de actuación son os concellos de Muros, Outes, Carnota e Mazaricos.

 

 

As nosas actividades son diversas, entre as que destacamos:

  • Información e Asesoramento a Persoas con Discapacidade.

Ten como obxectivo dar resposta as necesidades das persoas con discapacidade, as súas familias, ós profesionais implicados nos temas da discapacidade, e as entidades públicas e privadas.

  • Voluntariado

Tramitación e xestión dos protocolos de voluntariado, formación ós voluntarios, reunión con grupos de voluntarios, etc.

  • Formación

Actuación fronte a emerxencias, linguaxe de signos, atención sociosanitaria, etc.

  • Servizo de Integración Laboral.

Entrevistas e asesoramento a persoas con discapacidade da bisbarra que así o soliciten co fin de facilitar a súa inserción laboral.

  • Alfabetización

Desenrolar o uso creativo de coñecementos, valores e habilidades das persoas con discapacidade, a través da lectura, escritura, matemática básica e a cultura do seu entorno.

  • Informática

Uso do ordenador como ferramenta de aprendizaxe, búsqueda de información, destrezas tecnolóxicas, manexo do rato, etc.

  • Logopedia

...

O noso enderezo é:

OFICINA ADISBISMUR

1ª planta Centro de Día de Muros

Teléfono: 981764377

correo electrónico: adisbismur@cogami.gal

 

 

 

 

CENTRO DE RECURSOS

As Touzas, s/n , Valadares, Outes

Teléfono: 981877622

Correo electrónico: crd.valadares@cogami.gal

Redes sociais:

Páxina web: www.adisbismur.es

Facebook:

 

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!