Asociación Galega de Hemofilia

Asociación Galega de Hemofilia

  • Dirección: R/ Doutor Carracido nº 128 Baixo, 36205
  • Código Postal: 15504
  • Localidade: Pontevedra
  • Provincia: Vigo
  • Correo electrónico: xestion@hemofiliagalicia.com
  • Teléfono: 981299055
  • Teléfono móbil: NULL
  • Fax: 981299055
  • Páxina Web: www.hemofiliagalicia.com

ORIXE:

A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) é unha entidade sen fins lucrativos que ten como misión promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas hemofílicas cara a súa plena integración.

OBXECTIVOS:

Os fins desta asociación son os seguintes:

  • Impulsar e tomar conciencia por parte da sociedade, organismos e institucións, dos problemas que suscita a Hemofilia, en especial daqueles que teñan relación coas necesidades das persoas hemofílicas, tanto desde un punto de vista sanitario como social, educativo e profesional, fomentando as accións e medidas que procedan para o seu máis adecuado tratamento.
  • Promover a afiliación á Asociación das persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, con deficiencia dos factores anti-hemofílicos ou outros factores conxénitos da coagulación, así como das posibles persoas portadoras ou transmisoras, procurando o control permanente do grupo, desde o punto de vista dos descendentes.
  • Promover a integración, creación e promoción de centros laborais, educativos, ocupacionais e profesionais, incluídos os centros especiais de emprego.
  • ...

     

 

 

 

As actividades que se realizan están encamiñadas a conseguir unha maior divulgación da problemática da hemofilia, ademais de por en contacto a profesionais e  persoas afectadas por esta doenza.

  • Actividades participativas.
    • Asambleas, celebración do Día Mundial da Hemofilia, xornadas de formación, talleres...
  • Área de proxectos e actividades.
    • SAIP (Servizo de Atención e Información Permanente). O obxectivo é prestar asesoramento psicosocial e información ós socios, así como acompañalos en todo tipo de procesos legais.
    • O proxecto Hemoescola, pretende crear espazos de convivencia e aprendizaxe para pais e nais de nenos  e nenas con hemofilia, abordando a realidade sen dramatismos e desde unha perspectiva positiva.
    • Apoihemos, programa de apoio psicolóxico co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia.
    • Igualhemos, xornadas formativas para mulleres con hemofilia para favorecer a súa igualdade en materia de información, atención, formación e asesoramento, para favorecer a súa participación na vida asociativa.
    • Atendhemos, Saluditinere, Volunthemo, Campamentos Hemocamp....

O noso enderezo é:

Rúa do Doutor Carracido, 128,

36205 Vigo, Pontevedra

Teléfono: 986 28 19 60

Páxina web: www.hemofiliagalicia.com

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!