Asociación de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos

Asociación de Persoas con Discapacidade de Monforte de Lemos

  • Dirección: Carud nº 142 - Baixo
  • Código Postal: 27400
  • Localidade: Monforte
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: agora@cogami.gal
  • Teléfono: 982410289
  • Teléfono móbil: 673912496

ORIXE:

O 20 de febreiro de 1992 constituíuse a Asociación AGORA, entidade sen ánimo de lucro, como unha asociación sen ánimo de lucro, co obxectivo de promover e coordinar a defensa dos dereitos de todas as persoas con discapacidade para a súa plena integración na sociedade.

MISIÓN:

AGORA aceptou como reto que as persoas con discapacidade lograran avances en autonomía persoal, integración social, cultural e laboral, que foran desenrolando todas as súas capacidades e gozaran dos apoios necesarios para ser protagonistas da súa existencia.

PRINCIPIOS E VALORES:

AGORA intenta desenrolar a súa actuación nos seguintes principios e valores:

  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e actuación da entidade e dos seus socios.
  • Defensa da necesidade sociais por enriba de intereses particulares.
  • Rexeite de protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

OBXECTIVO:

Como fin están a defensa da dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade, a promoción da integración social e laboral creando as condicións favorables que eviten a exclusión social. En consecuencia, desenvolver todo tipo de programas e actividades específicas dende a discapacidade que sexan beneficiosos para os homes e mulleres con discapacidade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O seu ámbito de actuación é a comarca de Lemos (Lugo). A súa sede social está en Monforte de Lemos e ten como finalidade: atender ás persoas con discapacidade en tódalas dimensións da súa vida. Atende diariamente tanto no Centro de Día como nos Apartamentos Tutelados así como co transporte adaptado a usuarios dos concellos da comarca,  coma Monforte de Lemos, Sober, O Incio, O Saviñao, Pobra de Brollón, Pantón, Bóveda e tamén doutros concellos de Galicia.

PERSOAS ASOCIADAS:

AGORA está constituída polos seus socios e actualmente conta con 91 socios  e no último ano prestouse atención directa a 55 persoas con discapacidade da comarca de Lemos que non están asociadas

 

 

 

 

A Asociación AGORA conta con distintos servizos cos que poder facilitar a atención que precisan as persoas con discapacidade e o seu entorno máis próximo. Na actualidade contamos cos seguintes servizos:

 

- REACTÍVATE: DEPORTE PARA TODOS:

Ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa de Cooperación coas entidades sen ánimo de lucro para o ano 2018, en AGORA podemos contar dende outubro ata finais de abril cunha Monitora de Actividade Físico-deportiva.

Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, este Programa ten por obxecto o fomento do emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta iniciativa permite que a persoa traballadora poida adquirir unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

En AGORA, a técnica desenvolverá o programa Reactívate- deporte para todos a través do que se pretende achegar as persoas con discapacidade da contorna o deporte adaptado co obxecto de dirixir, guiar e instruir a persoas con discapacidade en actividades recreativas e de Lecer favorecendo así a adquisión de hábitos de vida saúdables e fomentando as habilidades sociais.

Esta convocatoria de axudas enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

- CENTRO DE DÍA : Ofrece unha atención diúrna a persoas con discapacidade con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado, dende unha perspectiva individual. O seu obxectivo é mellora-la calidade de vida das persoas con discapacidade proporcionándolles apoios para emprender  e desenvolver ao máximo o seu proxecto de vida persoal, incluíndo de forma activa o seu grupo familiar e entorno social directo. Para conseguir estes obxectivos o Centro de Día conta cos seguintes servizos: Atención psicolóxica, estimulación cognitiva, logopedia, fisioterapia, terapia ocupacional, ximnasia de mantemento, psicomotricidade, relaxación, hidroterapia, musicoterapia, obradoiros e talleres manuais, actividades de ocio e servizo de respiro familiar. Ademais proporciona comedor, transporte adaptado, produtos de apoio e supervisión. Conta con 21 prazas en contrato coa consellería de Política Social e 9 prazas privadas.

- VIVENDA TUTELADA : Ofrece unha atención domiciliaria a persoas con discapacidade con necesidade de apoios moderados nun entorno normalizado e integrado de convivencia entre as persoas que residen nas vivendas, fomentando a  autodeterminación persoal e funcional de persoas con discapacidade nun clima acolledor e estimulante.

- PROGRAMA DE INTERVENCIÓN SOCIAL: Trátase de información, asesoramento e apoio social, individual e personalizado a persoas con discapacidade da área de influencia da asociación e o seu entorno máis próximo, favorecendo a autonomía persoal e a participación social.

- PROGRAMA PSICOLOXÍA: Ofrece atención individual, familiar e grupal intervindo en dificultades de adaptación, secuelas traumáticas. efectos psicolóxcos derivados de enfermidades, dificultades de comunicación en relacións interpersoais, aprendizaxe e entrenamento en habilidades sociais, etc.

- PROGRAMA DE AUDICIÓN E LIGUAXE- LOGOPEDIA: Procura acadar un benestar comunicativo no usuario/a que propicie un adecuado desempeño cognitivo, social e persoal. O fundamental  é que a persoa sinta que se pode comunicar en calquera situación e que as persoas que o rodean o comprenden para que a comunicación sexa o máis autónoma posible.

- PROGRAMA DE FISIOTERAPIA, RECUPERACIÓN FUNCIONAL E HIDROTERAPIA:  O obxectivo é promove-la autonomía persoal e mellora-la calidade de vida dos usuarios/as a nivel integral. Préstanse sesións individuais: masoterapia, cinesiterapia, termoterapia, crioterapia e vendaxa, así coma grupais: psicomotricidade grosa, deporte adaptado, ximnasia de mantenemento, hidroterapia e actividade física lúdica.

 

 

ENDEREZO:
Rúa Carud, Nº 142, Baixo. Monforte de Lemos (Lugo)

TELÉFONOS:
98241289
/673912496

EMAIL:
agora@cogami.gal

FACEBOOK:

YOUTUBE:

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!