Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional

Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional

  • Dirección: Rúa Castelao nº5
  • Código Postal: 15940
  • Localidade: Pobra do Caramiñal
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: correo@asociacionambar.org
  • Teléfono: 981 832 905
  • Teléfono móbil: 607 356 550
  • Fax: 981 832 905
  • Páxina Web: www.asociacionambar.org

A Asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito comarcal, que conta cun grupo social de 1.113 persoas.

AMBAR foi fundada no ano 1982 coa razón social de Asociación de Minusválidos da Barbanza, coa finalizade principal da inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional (Discapacidade) de calquera natureza.

MISIÓN

Promover a  independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional na nosa comunidade.

VISIÓN

Lograr unha comunidade na que as Persoas con Diversidade Funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións  sexan valoradas e  os seus dereitos respectados. Para iso AMBAR esfórzase en:

Aportar servicios para a autonomía persoal  e conciliación familiar.

Facilitar experiencia deportivas, culturais e  de lecer.

Impulsar a expresión artística e a creatividade

Mellorar a  accesibilidade universal.

Posibilitar a vida independente dentro da  comunidade.

Promover o traballo e emprego digno.

Sensibilizar e  educar en  valores.

VALORES

Autodeterminación e Independencia.

Axuda entre iguais.

Cooperación e Solidariedade.

Dereitos humanos e  civís.

Diversidade.Empoderamento.

Participación  e  Inclusión efectiva.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

Na actualidade, AMBAR apoia e presta servizos a Persoas con Discapacidade Funcional e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén outros concellos próximos, colaborando con entidades públicas e privadas que participan na intermediación de Persoas con Diversidade Funcional e a súa participación económica e social.

FORMAMOS PARTE DE

A nosa entidade está integrada nas organizacións do movemento asociativo de diversidade funcional do ámbito provincial e autonómico, formando parte activa da Federación Provincial de Minusválidos Físicos de A Coruña (F.P.F.C), e da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), constituíndo xunto con outras entidades unha rede de ámbito autonómico que ofrece servizos a cerca de 160.000 persoas con diversidade funcional.

Entre as nosas principais accións, encóntranse:

  • Servizos de emprego para persoas con diversidade funcional.

Axudamos a atopar emprego a persoas con diversidade funcional coa atención directa ós traballadores interesados e o asesoramento ás emrpesas; mediante a formación e orientación laboral para todos, a adaptación do posto de traballo, a creación de enclaves laborais, o mantemento de postos de traballo, os centros especiais de emprego e o autoemprego.

  • Servizo xurídico:
    • Facilitamos información e asesoramento en temas xurídicos e xenéricos.
    • Realización dos actos administrativos. Elaboración de convenios e contratos de natureza xurídica.
    • Charlas informativas a persoas usuarias e técnicos/as de lexislación sobre a diversidade funcional.
  • Servizo de accesibilidade.
    • Aportamos asistencia técnica e orientación sobre deseño de materiais, informes sobre niveis de accesibilidade en ámbitos concretos, sobre ámbitos xa construídos e ámbitos por construír ou reformar e material de accesibilidade.
  • Servizo de axudas técnicas.
    • Servimos información e asesoramento específico para cada persoa usuaria.
    • Beneficiamos ás persoas usuarias de axudas técnicas mediante servizos axeitados a través dun convenio de colaboración con empresas do sector.
    • Procuramos recursos para todo tipo de persoas (con diversidade funcional, anciáns, puericultura, etc).
    • Consultoría de proxectos e execución de obras de eliminación de barreiras e adaptación na vivenda.
    • Axudas técnicas informáticas para persoas con diversidade funcional severa (preparación de equipos e outros dispositivos informáticos)
  • Servizo de Información e Asesoramento de pronta resposta:
    • Mediante este servizo recollemos e damos contestación ás consultas sobre:
      • Accesibilidade e axudas técnicas.
      • Axudas económicas.
      • Educación e Formación.
      • Movemento asociativo.
      • Laboral.
      • Xurídico.
      • ...

Por outra banda, dispoñemos doutros servizos, como son:

  • OIGO. Oficina para a igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional.
    • Apoio e información.
    • Charlas, reunións e encontros familiares.
    • Formación.
    • Actividades de sensibilización.
  • Servizo de Centro ocupacional AMBAR:
    • Servizo de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional.
    • Desenvolvemento psicomotriz: actividades de psicomotricidade e piscina.
    • Programas de autonomía persoal: AVD - Hixiene persoal, AVD - Instrumentais.
    • Programa de expresión e desenvolvemento artístico: teatro e artes plásticas.
    • Área de estimulación cognitiva.
    • Área de actividades manipulativas.
    • Programa de formación ocupacional.
  • Servizo de Centro de Día.
    • Servizos específicos de apoio preventivo e atención integral a persoas con discapacidade psíquica gravemente afectadas.
    • Apoio á familia ofrecendo un recurso de respiro familiar e favorecendo o mantemento da persoa no entorno da súa comunidade favorecendo a vida no domicilio familiar.
  • Servizo de transporte adaptado.
  • Servizo de biblioteca e documentación sobre diversidade funcional.
  • Vivenda con apoio.
    • Avaliación e valoración (PIA)
    • Atención psicolóxica.
    • Formación en AVD y HS.
    • Formación para a vida en Comunidade.
    • Atención nas necesidades Domésticas.
    • Actividades de ocio / socioculturais.
    • Actividades Deportivas.
    • Orientación e apoio en Xestións Administrativas.
    • Acompañamento a consultas médicas.

A nosa localización é:

Rúa de Castelao, nº 5.

C.P 15940, Pobra do Caramiñal,

A Coruña.

Correo electrónico: correo@asociacionambar.org

Teléfono: 981 832 905 // 607 356 550

Páxina Web: www.asociacionambar.org

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

V Carreira pola Diversidade

V Carreira pola Diversidade

A proba supón todo un avance por tratarse dunha competición pioneira, de carácter inclusivo, na que poden participaras deportistas nas modalidades de handbike e cadeira de rodas. Web de inscrición: www.carreirasgalegas.com

III CARREIRA E ROMARÍA DA DIVERSIDADE

III CARREIRA E ROMARÍA DA DIVERSIDADE

O vindeiro domingo, 9 de Xullo, celébrase no lugar de Coroso, Ribeira, a III Carreira e Romaría da Diversidade da Asociación AMBAR.