Asociación de Persoas con Discapacidade do Val do Dubra

Asociación de Persoas con Discapacidade do Val do Dubra

  • Dirección: Nariño- Niveiro s/n
  • Código Postal: 15873
  • Localidade: Val do Dubra
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: avante@cogami.gal
  • Teléfono: 981191490
  • Teléfono móbil: 607183693
  • Páxina Web: www.asociacionavante.org

ORIXE:

A Asociación de Persoas con Discapacidade AVANTE naceu no ano 1982, se ben nese momento tiña outro nome (Grupo de Minusválidos de Valle del Dubra), pasando despois a denominarse Asociación de Minusválidos do Val do Dubra e comarca, chegando a súa denominación actual e que agaradmos definitiva en 2007.

MISIÓN:

AVANTE constitúese co fin de coordinar e defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade e os das súas familias, así como propulsar, na maioría do posible, a inserción social do colectivo.

OBXECTIVOS:

Entre os moitos obxectivos que nos propoñemos, podemos destacar:

  • Promover a plena integración social, algo que en si mesmo conleva unha integración cultural e formativa, e unha integración económica e laboral, naqueles casos que sexa posible.
  • Promover as distintas actuacións necesarias e realizar os programas precisos para poder levar a cabo os obxectivos marcados.
  • Fomentar a unión das persoas con discapacidade, facilitándolles os medios para acadar a súa dignificación e respeto.
  • Promocionar, participar e crear iniciativas que primen a inserción laboral das persoas con discapacidade en empresas tradicionais e centros especiais de emprego.
  • ...

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Como calificación do ámbito xeográfico da entidade optamos polo termo "supramunicipal", pois se ben no saímos do que serían os marxes xeográficos dun concello, tampouco nos podemos encadrar como unha entidade comarcal, pois atopámonos con que os concellos nos cales temos presenza, dunha ou doutra maneira, pertencen a distintas comarcas (Santiago, A Barcala, Xallas, Ordes).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre as nosas accións, destacamos:

  • Servizo de Información e Asesoramento.
    • Trátase dun servizo dirixido tanto  ás persoas con discapacidade como as súas familias, como a profesionais  relacionados co mundo da discapacidade, así como a sociedade en xeral. Calquera persoa física ou xurídica pode achegarse ao mesmo para facer unha consulta.
  • Actividades de sensbilización social.
    • Teñen por obxecto achegar a discapacidade á poboación xeral, ós colectivos das persoas con discapacidade e ás administracións públicas de xeito que se fagan coñecedores das necesidades, hándicaps e particularidades das persoas con discapacidade.
      • Campaña de promoción do asociacionismo.
      • Participación en actos da comunidade.
      • Relación con outras institucións.
  • Actividades formativas.
    • Formación de persoas adultas.
    • Taller de habilidades sociais.
    • Taller de costura.
    • Taller de coiro.
    • Taller de encadernación.
    • Horticultura e viveirismo.
    • Informática
    • ...
  • Actividades de habilitación e rehabilitación.
    • Actividades físicas e da saúde.
    • Actividades de lecer.
    • Outros servizos

O noso enderezo é:

Dirección: Nariño- Niveiro s/n


Código Postal: 15873


Localidade: Val do Dubra

Provincia: A Coruña


Correo electrónico: avante@cogami.gal


Teléfono: 981191490

Teléfono móbil: 607183693

 

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!