Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia de A Coruña

  • Dirección: Rúa Modesto Brocos nº 7 Baixos
  • Código Postal: 15704
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: fed.cogamicoruna@cogami.gal
  • Teléfono: 981574698 // 981064387
  • Fax: 981574670

ORIXE

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da Provincia da Coruña (COGAMI CORUÑA), ten o seu orixe na Coordinadora de ámbito provincial que se crea o 10 de marzo de 1985, polo que xa ten máis de trinta anos de actividade no seu historial.

MISIÓN

A Federación COGAMI CORUÑA é unha organización non gobernamental de ámbito provincial e sen ánimo de lucro, na que o principal obxectivo e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade. Traballa para acadar a máxima atención social para as problemáticas que presenta e conseguir a integración social das persoas con discapacidade da provincia. Esta labor maniféstase principalmente como apoios ás 21 entidades adheridas para que, individualmente e/ou colectivamente, acaden os seus fins.

As asociacións socias son:

  • Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros “ADISBISMUR”
  • Asociación para a Diversidade Funcional INTEGRO (Cabana de Bergantiños)
  • Asociación AMBAR de Persoas con Diversidade Funcional (Pobra do Caramiñal)
  • Asociación de Persoas con Discapacidade e  Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terras de Melide “AMARAI”
  • Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple “ACEM”
  • Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarca
  • Asociación de Persoas Discapacitadas AVANTE (Val do Dubra)
  • Asociación Pro-Minusválidos de Cariño “APROM CARIÑO”
  • Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros MISELA.
  • Asociación Galega de Hemofilia, AGADHEMO (Delegación A Coruña)
  • Asociación de Discapacitados Activos “A XANELA” (As Pontes de García Rodríguez)
  • Asociación de Minusválidos de Teo, ASPAMITE.
  • Asociación Compostelán de Escleroses Múltiple, ACEM
  • Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril, ALCER CORUÑA.
  • Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía, ASPANEMI.
  • Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO.
  • Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR.
  • Liga Reumatolóxica Galega, LIREGA.
  • Delegación en Galicia da Asociación Nacional de Amputados España, ANDADE GALICIA.
  • Grupo de Personas con Discapacidad de A Coruña, GRUMICO
  • Asociación Galega de Fibrose Quística, AGFQ
  • ASOTRAME (Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea)

Somos membro directo de COGAMI y COCEMFE

Fins das actividades: Optimizar recursos e garantir servizos

A Federación traballa para coordinar os recursos e accións das asociacións socias, poñendo especial énfase na utilización óptima dos recursos materiais e humanos para unha eficiente labor en prol das persoas con discapacidade, cos menores gastos e os maiores resultados posibles. A Federación tamén traballa para garantir os servizos ás persoas usuarias das asociacións con menos recursos, sexa porque representan colectivos pequenos con necesidades especiais ou sexa pola súa situación xeográfica en zonas rurais con pouca densidade de poboación. Sendo unha entidade membro directa de COGAMI complementa os seus recursos con esta entidade aproveitando así as sinerxías entre ambas entidades.

Entre as nosas principais actividades, encóntranse as seguintes:

  • Servizo de apoio ás asociacións.
    • Confección de memorias de actividades das asociacións membro.
    • Preparación de solicitudes para subvencións da Xunta de Galicia, Deputación provincial da Coruña, Administracións Locais, etc.
    • Apoio, asesoramento e confección de programas presentados para o 0,7 e ONCE a todas aquelas entidades que, non tendo a capacidade para poder realizalo, o solicitan á Federación.
    • Apoio e asesoramento na realización de xustificacións económicas en tema de subvencións.
    • Apoios loxísticos e organizativo para xornadas e eventos que organizan as entidades.
  • Actividades de ocio.
    • Ofrecemos unha variedade de actividades de ocio para as persoas socias da asociación de todo tipo, como tenis adaptado, equitación, mergullo, sendeirismo, teatro e outros.
  • Programas de saúde.
    • Programas de rehabilitación e mantemento das capacidades funcionais.
  • Programa de fisioterapia.
    • O obxectivo é proporcionar as persoas con discapacidade un servizo de fisioterapia de tal forma que os procesos dexenerativos que lle afectaban se mantivesen estables e sen que se producisen retroceso no seu estado por unha falta de atención especializada.

O noso enderezo é:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Modesto Brocos, 7, baixo

15704 Santiago de Compostela

Tfno: 981 574 698 // 981064387

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Xunta directiva:

PRESIDENTE:                    Ramón Sestayo Lestón                   

VICEPRESIDENTE:            José Luís Costoya Quintela         

SECRETARIA:                    Cristina Pet Canto               

TESOUREIRO:                   José Barrio Guldrís                      

VOGAIS:                             Milagros Rey Pérez                         

                                            Adolfo López Baña                       

                                            Rafael Rodríguez Martínez          

                                            Ramón Rodríguez Arnoso          

                                            Mª Jesús Pérez Piñeiro                  

                                           Manuel Santos Lamas                  

                                           Juan Guillermo García Gómez

 

Documentación:

                  

Non se atoparon resultados!