Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra

Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade da provincia de Pontevedra

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra (COGAMI PONTEVEDRA) constitúese legalmente ou 3 de marzo de 1989. É a entidade máis representativa do movemento asociativo de persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra. Está conformada por dez asociacións de persoas con discapacidade, seis de ámbito comarcal e catro referidas a enfermidades específicas de ámbito provincial.

Forma parte a nivel autonómico da estrutura asociativa de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e a nivel estatal é membro de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).

MISIÓN:

A misión da federación é promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara a súa plena integración.

OBXECTIVOS:

  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que as entidades membro poidan cumprir axeitadamente a misión.
  • Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo integrado na Federación con criterios de solidariedade.
  • Representar os seus membros no ámbito provincial, autonómico, nacional e internacional.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito territorial da Federación, é o da provincia de Pontevedra.

As entidades membro son as seguintes:

ENTIDADES ASOCIADAS

As asociacións membro de COGAMI PONTEVEDRA son:

  • AMIZADE (Asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra)
  • ASODIFISI (Asociación de disminuídos físicos de Mos)
  • AGADHEMO (Asociación Galega de Hemofilia. Delegación provincial de Pontevedra)
  • ACADAR ((Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia)
  • AGFQ (Asociación Galega de Fibrose Quística. Delegación provincial de Pontevedra)
  • ADAPTA (Asociación de persoas con discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta)
  • AGL (Asociación Galega de Linfedema)
  • ANDURIÑA (Asociación de Persoas con Discapacidade do Salnés)
  • ASEARPO (Asociación Enfermos de Artrite de Pontevedra)
  • AVANZAR (Asociación de Persoas con Discapacidade do Umia - Ulla)
  • AVIDEPO (Asociación Viguesa de espondilíticos de Pontevedra)
  • VONTADE (Asociación de persoas con discapacidade VONTADE)
  • ALCER PONTEVEDRA (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril de Pontevedra)
  • ASEM (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares)
  • AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra)
  • ALMYF (Asociación de lesionados medulares e minusválidos físicos)
  • FIBROSE QUÍSTICA (Asociación Galega de Fibrose Quística)

 

Na actualidade Cogami Pontevedra conta cos seguintes servizos:

  • Información e asesoramento:

Ten como finalidade proporcionar información e asesoramento a persoas ou entidades relacionadas directa ou indirectamente coa discapacidade.

No servizo se inclúe: normativa relacionada cos dereitos individuais e colectivos, beneficios do certificado de discapacidade, axudas económicas e técnicas, accesibilidade e supresión de barreiras, formación, asociacionismo, información sobre convocatorias, colaboración coas entidades para a preparación de proxectos e actividades e derivación a servizos e organismos adecuados.

  • Dinamización e consolidación do movemento asociativo na Provincia de Pontevedra:

O obxectivo final do servizo é o de dar cobertura ás necesidades das persoas con discapacidade a través dunha rede de Asociacións dirixidas a resolver os seus problemas, demandas e peticións, ademais de consolidarse como un punto de referencia para as entidades membro na provincia.

Recepción e captación de novas entidades membro con intereses incluidos nos estatutos da Federación.

Representatividade do colectivo de persoas con discapacidade na Provincia de Pontevedra.

Coordinación de servizos e actividades, solicitude e xestión de espazos para que as asociacións poidan levar a cabo a súa labor asociativa.


Asesoramento no deseño de proxectos e memorias.

  • Atención e apoio dirixido á promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade:

A finalidade é a de fomentar que as persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra sexan capaces de alcanzar un nivel de vida máis autónomo e independente a través de:

Actividades de prevención.

Actividades rehabilitación física.


Actividades rehabilitación da linguaxe.

Actividades de atención social.

Actividades de lecer e participación social.


Actividades de sensibilización.

  • Voluntariado: Consolidación da rede de voluntariado e participación.


Enderezo: Rúa As Teixugueiras, nº 15


Código Postal: 36212

Localidade: Navia - Vigo

Provincia: Pontevedra

Correo electrónico: fed.cogamipontevedra@cogami.gal

Teléfono: 986281893 / 986281897


Páxina Web: http://cogamipontevedra.org/

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!