Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

  • Dirección: Rúa Dublín, nº 3 Baixos
  • Código Postal: 15707
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@acadar.org
  • Teléfono: 674073092
  • Teléfono móbil: 674139837
  • Páxina Web: www.acadar.org

ORIXE:

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, foi constituída o 1 de setembro de 2009 no Concello de Santiago de Compostela, por 20 mulleres con discapacidade. Conscientes de que as necesidades específicas das nenas e mulleres con discapacidade non estaban cubertas nin tidas en conta por parte da sociedade actual, puxeron a disposición das mesmas, a ferramenta máis axeitada para promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade: a Asociación. 

MISIÓN:

Promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en todos os ámbitos da sociedade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Toda a Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de ofertar servizos, dirixir actividades e reivindicar dereitos para todas as mulleres con discapacidade independentemente do lugar onde residan.

PERSOAS ASOCIADAS:

84 socias de dereito e 6 persoas socias colaboradoras.

FORMAMOS PARTE DE:

ACADAR forma parte en condición de membro de dereito da propia Confederación Estatal de Mulleres con Discapacidade (CEMUDIS), da Federación provincial de A Coruña da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI CORUÑA), da Federación de Asociación de COGAMI Lugo, Federación de COGAMI Pontevedra, Federación DISCAFIS – COGAMI Ourense  e  Asociación de desenvolvemento rural MAIV-Baixo Miño (GDR14).

As actuacións de ACADAR, están a incidir nos seguintes ámbitos:

-EMPREGO: Dereito de acceso ao emprego e á igualdade de oportunidades e non discriminación por motivo de xénero e discapacidade no ámbito laboral.

-VIOLENCIA DE XÉNERO:  Facer realidade e efectivo o Dereito das nenas e mulleres con discapacidade a vivir en liberdade e seguridade e a ser tratadas dignamente.

-SAÚDE: Facer realidade e efectivo o Dereito das mulleres con discapacidade galegas a unha saúde pública integral e de calidade.

-MATERNIDADE: Facer realidade e efectivo o Dereito á maternidade das mulleres con discapacidade.

-SEXUALIDADE: Facer realidade e efectivo o Dereito das mulleres e nenas con discapacidade en Galicia a vivir a nosa sexualidade dunha maneira libre, plena e íntegra.

-VIDA INDEPENDENTE: Dereito das mulleres con discapacidade galegas a dirixir as riendas da nosa propia existencia.

-IMAXE SOCIAL E MEDIOS DE COMUNICACIÓN:  Dereito das mulleres e nenas con discapacidade galegas a unha imaxe social digna.

-PARTICIPACIÓN SOCIAL E LIDERATO:  Dereito das mulleres con discapacidade galegas a participar en igualdade de condicións na vida social e política e a acceder a postos de responsabilidade e representatividade. 

 

 

Atendémosche na rúa Modesto Brocos, nº 7, bloque 3, baixos. 15704 Santiago de Compostela

ACADAR conta con delegacións en Lugo, Ourense, Vigo e Ferrol. 

Lugo Ourense Vigo Ferrol

R/ Da Luz, 4 - Polígono de Fingoi. C/P. 27002

R/ Recaredo Paz, nº     C/P R/ Teixugueiras, 15, baixo. Navia C/P R/ Sánchez Calviño, 56-58. C/P 15404

 

Web: www.acadar.org

Correo electrónico: info@acadar.org

Facebook: 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!