Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple

ORIXE:

Por iniciativa de varios afectados coruñeses de Esclerosis Múltiple (EM), créase en A Coruña a Asociación denominada "Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple", como entidade xurídicamente independente, sendo ata o momento, desde o 1984, delegación da Asociación Española (A.F.D.E.M) e sendo actualmente membro activo da mesma.

MISIÓN

É misión de ACEM promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con EM e outras persoas con discapacidade para conseguir a súa plena integración.

PRINCIPIOS E VALORES

ACEM defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gubernamental e de carácter voluntario. Basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e na actuación da entidade e os seus socios.
  • Evitar protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa dos afectados de EM en particular co colectivo de discapacitados en xeral como titulares de dereitos, evitando os mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

OBXECTIVOS:

  • Promover a agrupación de todos os enfermos de EM e os seus familiares.
  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con EM e con discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas que padecen EM ou algunha discapacidade.
  • Crear as condicións para que os socios poidan cumprir adecuadamente a misión.
  • Promover actitudes sociais positivas ante as persoas con EM ou discapacidade.
  • Promover a lexislación adecuada que mellore  a situación dos afectados por EM ou do colectivo dos discapacitados.

NUMERO DE SOCIOS

  • Conta cun total de 245 socios, dos cales 161 son afectados e 84 colaboradores.
  • Servizos sociosanitarios.
    • Rehabilitación funcional.
      • Terapia ocupacional.
      • Fisioterapia.
    • Área de saúde mental.
      • Rehabilitación cognitiva
  • Servizos complementarios.
    • Servizo de Xestión e Administración.
    • Transporte adaptado.
    • Formación.
    • Voluntariado.
    • Difusión, divulgación e recaudación.
  • Servizos obtidos desde a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC).
    • Servizos sociosanitarios.
      • Área de saúde mental.
      • Intervención social.
      • Servizo de información, valoración, asesoramento e derivación (SIVAD).
      • Servizo de fisioterapia.
      • Servizo de logopedia.

O perfil das persoas usuarias dos servizos de ACEM, polas características da enfermidade, neurolóxica e crónica, conleva dificultades á hora de levar adiante as actividades cotiás da vida diaria, xa sexan básicas (vestido, alimentación, aseo, control de esfínteres, transferencias, etc) ou avanzadas (manexo de cartos, uso dos transportes públicos, uso do teléfono, etc). Moitos deles requiren do uso de productos de apoio para realizar tarefas fundamentais ou a adaptación do seu fogar para as tarefas cotiás. Por isto, a intervención desde a terapia ocupacional vai permitir realizar un entrenamento individualizado de actividades da vida diaria (AVD), incluíndo actividades de autocoidado e ocio, como o asesoramento na adquisición de productos de apoio ou adaptacións do fogar, necesarias para facilitar a independencia funcional.


Estamos situados en:

C/ Solis s/n

15009, A Coruña.

Teléfono: 981240985

correo electrónico: acemesclerosis@telefonica.net

Redes sociais:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!