Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

ORIXE:

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple é unha entidade sen ánimo de lucro que nace no ano 1995 co fin de contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por esta doenza, así coma a dos seus familiares e coidadores. No ano 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.

A A.C.E.M. conta con máis de 20 anos de experiencia no colectivo de atención a persoas con discapacidade e dependencia. Así, no ano 2009 o concello de Santiago de Compostela cede unha parcela situada na R/ Queixume dos Pinos s/n, baixo réxime de concesión demanial, para a construción dun centro, que con data 27 de xuño do 2013 foi declarado de interese e utilidade municipal. É neste Centro de Rehabilitación Integral, onde a A.C.E.M. ofrece unha atención multidisciplinar e integral, paliativa e preventiva a través dun equipo multidisciplinar de acción conxunta especializado no sector.

Os valores que a A.C.E.M. propugna son a consideración das persoas con esclerose múltiple como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade e na súa actuación, o traballo en equipo, a eficia e a eficiencia, a mellora continua, e o compromiso co colectivo de persoas con EM.

MISIÓN:

A misión da A.C.E.M. é levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con esclerose múltiple e doenzas semellantes, así como a das súas familias, a través da prestación de servizos socio-sanitarios, da sensibilización social e a defensa dos dereitos do colectivo de persoas con EM.

A A.C.E.M. ten como un dos seus principios constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromiso, profesionalidade e liderada nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas ó grupo social das persoas afectadas de esclerose múltiple e/ou as súas familias.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito territorial propio de A.C.E.M. é o correspondente as provincias de A Coruña e Pontevedra (concellos e comarcas incluídas dentro do ámbito de atención, xeográfico, clínico e administrativo do Complexo Hospitalario Universitario Santiago de Compostela). 

OBXECTIVOS

Os principais obxectivos de A.C.E.M son:

  • Apoiar a tódalas persoas con esclerose múltiple e as súas familias, residentes no territorio do seu ámbito de actuación.
  • Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con esclerose múltiple.
  • Facilitar información sobre a esclerose múltiple ós profesionais sanitarios e sociais e os familiares, ca fin de lograr un mellor coñecemento e implicación dos mesmos, co máis absoluto respeto a súa dignidade e diversidade.
  • Promover e apoiar as iniciativas á creación de Unidades de Referencia en esclerose múltiple dentro da nosa Comunidade Autónoma.

PERSOAS ASOCIADAS:

O nº de persoas asociadas na actualidade é de 245, das cales 154 corresponde a mulleres, 90 a homes e 1 entidade xurídica.

FORMAMOS PARTE DE:

A A.C.E.M. forma parte de AEDEM-COCEMFE (Asociación Española de EM - Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica) e FEGADEM (Federación Galega de EM).

 

 

SERVIZO DE TRABALLO SOCIAL: O servizo de traballo social é o primeiro contacto para a persoa enferma, coidadora ou familiar. Presta información sobre os distintos servizos e actividades existentes en cada momento no centro, así coma do seu funcionamento, atendendo aos problemas, necesidades e demandas (explícitas ou non) das persoas usuarias. O servizo ten lugar de luns a venres de 9 a 14h.

SERVIZO DE FISIOTERAPIA: A súa labor vai encamiñada a manter o máximo posible a independencia e funcionalidade da persoa para as actividades da vida diaria (AVD), formando tamén á familia para previr lesións musculares derivadas dos coidados prestados (escola de costas e ergonomía no manexo da persoa dependente). O servizo ten lugar de luns a venres en horario de mañán.

SERVIZO DE LOGOPEDIA: Aínda que a súa intervención é extensa, destacaremos o seu papel rehabilitador en procesos cognitivos alterados como a percepción, a atención ou a memoria, trastornos fonorespiratorios, articulatorios, de deglución (disfaxia), succión e masticación (utilizando terapia Miofuncional e Orofacial), trastornos da fala e da voz. O servizo ten lugar de martes a venres en horario de mañán.

SERVIZO DE PSICOLOXÍA: Orientado as persoas afectadas e a familiares, as actuacións van encamiñadas a: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno a enfermidade e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas. O servizo desenvólvese os martes, mércores e xoves de 10,00 a 14,00h.

OUTRAS ACTIVIDADES A DESTACAR:

-Terapias Alternativas: PILATES. Dende a A.C.E.M. sabemos que é de vital importancia a calidade de vida das persoas coidadoras, por iso nesta actividade, impartida a través de dúas clases semanais (martes e xoves de 12,30 a 13,30h), se levan a cabo accións dirixidas a manter o seu benestar físico e mental. Pilates está dirixido tanto a persoas afectadas pola doenza como a familiares/coidadores.

-Programa de golf adaptado. Cunha periodicidade semanal dun día (mércores pola mañán), persoas afectadas de EM acuden a realizar esta actividade adaptada para persoas con discapacidade. Fomentase o desenrolo físico mediante a realización dunha actividade que potencia a autonomía persoal.

- Obradoiro de Pintura.  A arte constitúe un espazo de expresión e deesenvolvemento persoal, favorecendo a través deste obradoiro o encontro e a participación social. As clases contribúen a potenciar a creatividade para mellorar a saúde, na medida do posible. O contacto directo fai que as persoas participantes impulsen a súas relacións, así como a súa autonomía, promovendo, ao mesmo iempo, unha maior integración.  O servizo ten lugar os mércores en horario de 17,15h a 19,15h.

-Xornadas formativas/informativas. Na actualidade, a pesar dos avances, a Eslerose Múltiple é unha enfermidade neurodexenerativa para a que non existe cura, pero podemos contribuir a unha mellora na calidade de vida se dotamos ás persoas doentes e as súas familias de coñecementos necesarios para facer fronte da mellor maneira posible aos coidados diarios: de ahí a realización de xornadas, accións formativas e informativas. Os obxectivos a destacar destas actividades son a formación das persoas coidadoras e familiares sobre todos os aspectos da enfermidade e a adquisición dunha maior compresión e sensibilización ante a doenza.

-Eventos solidarios e actividades de divulgación e sensibilización. Destacamos as edicións anuais da Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple, así como os actos realizados con motivo dos días Mundial e Nacional da EM.

-Lecer e tempo libre, así como encontros de confraternidade entre as persoas asociadas.

Rúa Queixume dos Pinos

CP: 15705

Localidade: Santiago de Compostela  

Provincia: A Coruña

Teléfonos: 981 575 240 - 620 533 471

E-mail: acem.santiago@gmail.com

Redes sociais:

       

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

V Carreira e andaina solidaria pola esclerose múltiple

V Carreira e andaina solidaria pola esclerose múltiple

Un ano máis, dende a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.) estamos a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que neste ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar o domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela