Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña

Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril da Coruña

  • Dirección: Hotel de pacientes do CHUAC, As Xubias 84 - 4º andar
  • Código Postal: 15006
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: info@alcercoruna.org
  • Teléfono: 981.29.87.59
  • Teléfono móbil: 670.33.90.66
  • Páxina Web: www.alcercoruna.org

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, nace no ano 1976, co obxectivo ter aceso a tratamentos renais substitutivos, xa que nese ano 9 de cada 10 persoas morrían por non ter acceso a un tratamento de diálise. Na actualidade esta realidade ten mudado grazas ao esforzo daqueles e daquelas que comezaron esta andaina, pero seguimos na loita. En Alcer ofrecemos unha serie de servizos ás persoas con enfermidade renal e as súas familias, dando resposta ás demandas e necesidades que teñen as persoas que padecen algún tipo de patoloxía crónica.

Desenvolvemos unha serie de actividades que teñen como obxectivo a sensibilización da sociedade en relación á doazón e o transplante de órganos, conseguindo deste xeito, ata día de hoxe, case 30.000 carnets de donantes.Alcer está formado por un grupo de profesionais, colaboradores e voluntarios que comparten os principios da entidade, e que traballan para contribuir á consecución dos obxectivos da asociación.

MISIÓN:

A súa misión principal é mellorar a calidade de vida das persoas con Enfermidade Renal Crónica. Contribuír á axuda social, moral e laboral das persoas (e dos familiares) afectadas de enfermidades do ril e /ou outros padecementos susceptíbeis (ou non) de transplante de órganos sólidos e/ou tecidos.

OBXECTIVOS:

  • A asistencia e información ós enfermos/as de ril e outras doenzas descritas nos seus aspectos sanitario e social, especialmente no concernente á asitencia por facultativos e persoal sociosanitario especializados.
  • Desenvolver programas e actividades, dentro da propia discapacidade, dirixidos específicamente á atención da muller, xuventude, maiores ou calquera outro tipo de colectivo en risco de exclusión social.
  • Promover e poñer en marcha iniciativas culturais,e ducativas orientadas ás persoas con enfermidades renais ou con discapacidade que faciliten a participación do colectivo.
    ..

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

 Provincia da Coruña

PERSOAS ASOCIADAS:

368 (194 homes, 164 mulleres)

FORMAMOS PARTE DE

FAG (Federación Alcer Galicia) y FNA (Federación Nacional Alcer).

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN (SIO)

É o piar da entidade, xa que a través del e dos profesionais e equipo de voluntariado especializado, se proporciona información, orientación e asesoramento (en recursos sociais, en materia laboral, educativa, nutricional, ocupacional e/ou sexolóxica) ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias; realizando en cada caso intervencións sociais, actividades de desenvolvemento persoal, mediacións ou derivacións cara a outros servizos da entidade ou orientación cara recursos existentes da contorna das persoas usuarias. Este servizo supón un conxunto de actuacións dirixidas a dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos, os recursos existentes, os procedementos a seguir e as alternativas dispoñibles ante unha necesidade social determinada. O servizo centra a súa actuación en catro partes diferenciadas e interrelacionadas entre si, que fan que se atope en pleno proceso de desenvolvemento:

  1.  Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal Crónica e ós seus familiares, nas tres delagacións da entidade (A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)
  2.  Servizo de información, asesoramento, orientación e apoio ás persoas con Enfermidade Renal en Unidades de Hemodiálise, consultas de transplante e de diálise peritoneal, así como en plantas de hospitalización de Nefroloxía dos diferentes centros hospitalarios da provincia.
  3. Consulta social na unidade de Enfermidade Renal Crónica Avanzada de Santiago de Compostela dende o ano 2016, que atende a aquelas persoas que se atopan en fases 4 ou 5 da Enfermidade Renal Crónica

PROGRAMA ALCER 7 VIDAS

Alcer 7 Vidas consiste na programación de actividades de sensibilización en relación á doazón e transplante de órganos, baseándose sobre todo na importancia da participación dos nosos socios/as, usuarios/as e voluntarios/as. Grazas a todas estas actividades, Alcer Coruña conta a día de hoxe con case 30.000 carnés de donantes de órganos, o que demostra a progresiva transformación da sociedade con respecto á doazón de órganos. Entre as actividades que levamos a cabo de xeito habitual, podemos destacar as seguintes: mesas informativas en espazos públicos, Proxecto Salvavidas (charlas e obradoiros en centros educativos), formación de grupo de voluntariado, organización de eventos e campañas en prol da doazón de órganos.

SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA (SAP)

Este servizo proporciona atención psicolóxica profesionalizada, desenvolvendo dúas modalidades posibles de traballo.
Por unha parte, contamos con grupos psicoterapéuticos, e por outra banda, con atención psicolóxica individual.
Todo isto, cunha finalidade moi clara: lograr unha mellor saúde psicolóxica das persoas con enfermidade renal crónica, a través da mellora da súa autonomía, das súas habilidades comunicativas, co obxectivo de lograr a maior calidade de vida posible.

PROGRAMA ACTÍVATE CON ALCER

Actívate con Alcer é un programa de Terapia Ocupacional destinado a mellorar a independencia das persoas nas actividades do seu día a día, co fin de permitir a súa participación activa en todas elas.

Obxectivos:

  • Asesorar individualmente (a usuarios e familias) en materia de produtos de apoio como ferramentas para a mellora da independencia nas actividades da vida diaria
  • Executar o reentrenamento funcional individual no aseo, vestido, alimentación, coidado da imaxe persoal, etc. das persoas con enfermidade renal crónica que presenten dificultades nestas áreas.
  • Mellorar a independencia nas actividades instrumentais da vida diaria: toma de medicación, manexo do diñeiro, coidado do fogar, uso do teléfono móbil, uso de dispositivos aumentativos-alternativos (para persoas con dificultades para a comunicación), uso de medios de transporte, realización de compras, etc.
  • Asesorar en accesibilidade universal nos fogares.
    Realizar rehabilitación funcional en patoloxías concretas que producen limitacións na execución física de actividades como Accidente Cerebrovascular ou a Enfermidade de Parkinson.
    Asesorar en hixiene postural e/u ergonomía para coidadores/as.
  • Executar actividades significativas para as persoas e con carácter funcional nas unidades de hemodiálise
  • Mellorar o acceso ao emprego: elaboración de currículums vitae, uso das novas tecnoloxías para a busca de emprego, contacto con entidades da contorna da persoa
    Fomentar a execución de actividades de ocio e participación social.
  • Participar na atención inter e multidisciplinar mediante a colaboración continuada cos demáis servizos de Alcer Coruña e/ou outros servizos externos.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO

Alcer Coruña tamén fomenta a participación de persoas voluntarias para realizar actividades de:

  1. Sensibilización sobre a doazón e transplante de órganos. Deste xeito, pretendemos promover nas persoas unha reflexión e posición individual como donantes de órganos, ademáis de lograr a normalización da doazón como un xesto natural e humano.
  2. Formación para obter as competencias necesarias e desenvolver as actividades de voluntariado especializado en promocionar a doazón e o transplante de órganos tanto para os nosos profesionais, como para persoas alleas que teñan interese en adicar unha parte do seu tempo nunha acción solidaria.

En ALCER CORUÑA contamos con tres delegacións ao longo de toda a provincia:

A CORUÑA

Hotel de Pacientes do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) As Xubias, nº 84, 4º andar - 15006 (A Coruña) 981.29.87.59      

 

 

 

 

 

FERROL

R/ Velázquez, nº 44, 6º andar - 
15404 Ferrol - 881.93.72.35     

 

 

 


SANTIAGO DE COMPOSTELA

CABES r/ Manuel María, nº 6, 3º andar- 15705 (Salgueiriños) Santiago de Compostela - 670339066   

 


Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Abordaxe da sexualidade na enfermidade renal crónica

Abordaxe da sexualidade na enfermidade renal crónica

O obradoiro será o venres 7 de Maio de 16:00 a 20:00 no Hotel de Pacientes do CHUAC (A Coruña)