Asociación para a Loita de Enfermedades Renais de Lugo

Asociación para a Loita de Enfermedades Renais de Lugo

  • Dirección: Avda. Infanta Elena nº 11; Casa das Asociacións local 5-7
  • Código Postal: 27003
  • Localidade: Lugo
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: alcerlugo@cogami.gal
  • Teléfono: 982243231
  • Teléfono móbil: NULL
  • Fax: 982243231

ORIXE:

ALCER LUGO é unha asociación sen ánimo de lucro con fins de carácter social, que se constitúe na cidade de Lugo no ano 1981.

A súa función principal é a de ofrecer información e asesoramento sobre a insuficiencia renal crónica (I.R.C), ademais de prestar servizos e organizar actividades para mellorar a calidade de vida deste colectivo en torno a súa problemática.

MISIÓN:

É misión de ALCER-LUGO promover e coordinar a defensa dos dereitos das persoas con enfermidades renais e outras discapacidades cara a súa plena integración.

OBXECTIVOS:

Os fins principais son:

  • Promover a agrupación de tódolos enfermos renais e as súas familias.
  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con enfermidades renais e discapacidade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con enfermidades renais ou con algunha discapacidade.
  • Promover actitudes sociais positivas cara as persoas con enfermidades renais.
  • ...

AMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito de actuación territorial é a provincia de Lugo.

Na actualidade conta ó redor de 400 socios/as.

 

Entre os nosos servizos e actividades, destacamos:

  • Información e asesoramento sobre IRC (Insuficiencia Renal Crónica)
  • Acompañamento e apoio nas diferentes etapas do tratamento.
  • Servizo de biblioteca de Hemodídisis.
  • Participación en Xornadas Renais da Federación ALCER e colaboracións diversas.
  • Xestión de ocio, tempo libre, vacacións e voluntariado.
  • Asesoramento laboral, legal, sobre accesibilidade e axudas técnicas.
  • Talleres diversos según temporada (Risoterapia, cociña, exército físico, manualidades, excursións culturais...)
  • Tarefas de sensibilización e divulgación na comunidade.

Información, orientación e asesoramento sobre recursos sociais:

  • Acollida das persoas con enfermidaderenal e os seus familiares.
  • Intervención psicosocial e nutricional individualizada.
  • Información e orientación sobre pensións da Seguridade Social, tramitación e beneficiosdo Certificado de Minusvalía, prestacións económicas...
  • Apoio e asesoramento nas clínicas de diálise e nos tratamentos en domicilios.
  • Asesoramento durante todo o proceso do transplante, desde o diagnóstico inicial ata a propia intervención (tanto vivo como de cadáver).

Xestión e coordinación do servizo de transporte sanitario en colaboración co Sergas.

Asesoramento psicolóxico e grupos de apoio para persoas con enfermidade renal e os seus familiares.

Asesoramento dietético e nutricional en todas as etapas.

Colaboración con OCT (Oficina de Coordinación de Transplantes)

Elaboración e desenvolvemento de proxectos sociais.

O noso enderezo é:

Rúa Infanta Elena, n. 11.

Casa Clara Campoamor, Local 5-7.

Lugo.

Teléfono: 982243231

Teléfono móbil: 619609797

correo electrónico: alcerlugo@cogami.gal

Páxina web: http://alcerlugo.org/

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!