Asociación de persoas con discapacidade da comarca de A Limia

Asociación de persoas con discapacidade da comarca de A Limia

  • Dirección: Lugar Bóveda nº 8, Baixo
  • Código Postal: 32702
  • Localidade: Vilar de Barrio
  • Provincia: Ourense
  • Correo electrónico: asociacion-algaria@hotmail.com
  • Teléfono: 648678515
  • Teléfono móbil: NULL

ORIXE: Constituída o 17 de xuño de 2010, Algaria somos unha asociación sen ánimo de lucro creada coa fin de dar resposta ás necesidades da poboación con discapacidade física na comarca da Limia.

MISIÓN:

Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

OBXECTIVOS:

Os obxectivos principais que se pretenden acadar son os seguintes:

  • Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos dereitos e deberes en condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto á súa dignidade e personalidade.
  • Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
  • A defensa dos dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia, así como a promoción da súa integración e participación activa na sociedade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que os seus socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión.
  • Promover actitudes sociais positivas cara a persoa con discapacidade.

PRINCIPIOS E VALORES

  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • O impulso da participación dos seus membros e tódalas súas actuacións.
  • A transparencia e publicidade na xestión e actuación dos seus asociadas/os.
  • Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares.
  • A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais.

Os valores que ALGARIA propugna son a consideración das persoas con discapacidade como suxeitos titulares de dereitos e deberes, a calidade na súa actuación, a eficacia e a eficiencia, a mellora continua,  o compromiso polo conxunto do grupo de persoas con discapacidade.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN.

Comarca de A Limia, formada polos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Sandiás, Porqueira, Calvos de Randín, Os Blancos e Baltar.

Actividades:

- Información e Campañas de Sensibilización.

- Ocio e Tempo Libre.

- Formación.

- Servizos de Recuperación Funcional (Fisioterapia e Terapia Ocupacional).

Pódenos encontrar no seguinte enderezo:

Lugar Bóveda nº 38, Baixo 32702 Vilar de Barrio, Ourense.

O noso Local de Atención está situado na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, 1ª planta (mércores-tarde)

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 

Algaria inaugura exposición de arte

Algaria inaugura exposición de arte

A exposición será na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 21 ao 27 de setembro.