Asociación Ourensá de Escleroses Múltiple ELA, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas

Asociación Ourensá de Escleroses Múltiple ELA, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas

  • Dirección: Rúa Recaredo Paz, 1, 32005
  • Código Postal: 32005
  • Localidade: Ourense
  • Provincia: Ourense
  • Correo electrónico: aodem@hotmail.es
  • Teléfono: 988252251
  • Teléfono móbil: 636490627
  • Fax: 988252251
  • Páxina Web: www.aodem.com

ORIXE:

A Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras Enfermidades Neurodexerenativas (AODEM) nace no ano 1996.

AODEM é unha entidade creada por persoas afectadas de Esclerose Múltiple e as súas familias que, dende o ano 1996, traballa na provincia de Ourense con profesionais do ámbito sociosanitario desenvolvendo un Proxecto Interdisciplinar co obxectivo de dar unha resposta integral ás necesidades dos/as nosos/as asociados/as que non son cubertas dende as Administracións Públicas.

MISIÓN:

É misión da Asociación mellorar a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple, ELA, Párkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas e dos seus familiares ofrecendo servizos adaptados as súas necesidades na provincia de Ourense.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O ámbito territorial da Asociación é a provincia de Ourense.

Manter os servizos e programas que se viñan facendo e ofrecer unha atención de calidade seguiron sendo os obxectivos a conseguir co proxecto este ano. Para lograr este fin, contamos cun equipo profesional multidisciplinar (ámbito sociosanitario) que traballa de xeito coordinado. Os 3 programas principais son:

  • Traballo Social
  • Psicoloxía Clínica
  • Fisioterapia

Todos eles ten unha duración anual, desenvolvéndose de xeito ininterrompido durante os 12 meses do ano. Dentro destes desenvólvense, de forma paralela, outras actividades de duración variada. Para complementar esta labor establecéronse colaboracións con outras entidades sociosanitarias do entorno con bos resultados. Ademais, contamos coa implicación do noso voluntariado, Xunta Directiva e diversas entidades e institucións, tanto públicas como privadas.

Enderezo: Rúa Recaredo Paz, 1

Código Postal: 32005

Localidade: Ourense


Provincia: Ourense

Enderezo electrónico: aodem@hotmail.es


Teléfono: 988 252 251

Páxina web: www.aodem.com

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación