Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra

Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra

  • Dirección: Rúa Pinal do Crego, s/n - Edificio Multiusos - Chapela
  • Código Postal: 36320
  • Localidade: Redondela
  • Provincia: Pontevedra
  • Correo electrónico: info@asearpo.org
  • Teléfono móbil: 638395017
  • Páxina Web: http://asearpo.org/

ORIXE:

ASEARPO constituiuse legalmente coma asociación sen ánimo de lucro no ano 2013 e está dirixida ás persoas da provincia de Pontevedra que padecen Artrite Reumatoide, Artrite Psoriásica, Artrite Idiopática Xuvenil (AIX) e Espondiloartritis, marcándonos coma obxectivo a mellora da calidade de vida do paciente, pero ao mesmo tempo ofrecéndolle a el e ao seu entorno familiar, orientación, apoio, información e asesoramento.

OBXECTIVOS:

  • Velar polas persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns, con ou sin discapacidade física e orgánica, desde un punto de vista sanitario, social, laboral e familiar, orientándolle e facilitándolle información, documentación e asesoramento de interese.
  • Elevar aos poderes públicos cantas peticións, estudos e suxestións se consideren oportunas para a satisfacción dos intereses das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns, con ou sin discapacidade orgánica.
  • Fomentar a educación e formación integral das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.
  • Promover o acceso ao pleno emprego das persoas usuarias.
  • Informar á opinión pública e ós medios de comunicación social das necesidades e aspiracións das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

A actuación social da Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra queda circunscrita ó ámbito territorial da provincia de Pontevedra e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o cumprimento dos fins da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, realízanse as seguintes actividades:

  • Servizo personalizado e profesionalizado que atenda ás demandas das persoas con artrite reumatoide e enfermidades afíns.
  • Prestar especial atención ás familias, así como os colectivos menos favorecidos, mulleres, demandantes de emprego, infancia, xuventude e terceira idade.
  • Propiciar investigacións, estudos e publicacións sobre a artrite reumatoide e enfermidades afíns.
  • Organizar e participar en actividades deportivas, culturais e de ocio e tempo libre adaptadas ás necesidades de nenos e nenas con  artrite reumatoide.
  • Dar a coñecer as necesidades destas persoas e realizar propostas para lograr un bo funcionamento do Servizo Público Sanitario en canto ás persoas con artrite reumatoide

 

 

En concreto, as actividades que se realizan, son:

  • Información, orientación e apoio. Facilitar información veraz sobre a artrite, intentando resolver dúbidas e orientar sobre a convivencia ca enfermidade, así como obradoiros informativos con médicos de diferentes especialidades, fisioterapeutas, psicólogos, etc.
  • Sensibilización e divulgación. Difundir a existencia desta enfermidade con charlas informativas, prensa, xornadas, etc.
  • Actividades socioculturais e de saúde. Saídas terapéuticas a balnearios, saídas culturais e práctica de algún deporte de maneira suave.
  • Servizo xurídico.
  • Servizo de fisioterapia.
  • Atención Psicoterapéutica.

Centro cultural multiusos piñeiral do Crego

Piñeiral do Crego, s/n

CHAPELA – 36320 Redondela  

PONTEVEDRA

Email: info@asearpo.org

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

XIII Xornada Nacional da Artrite

XIII Xornada Nacional da Artrite

Xornadas informativas con diferentes temas relacionados coa artrite

Mesas Informativas

Mesas Informativas

ASEARPO: Andaina en Redondela
  • Lecer
  • 08 de julio de 2017

ASEARPO: Andaina en Redondela