Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas Umia-Ulla

Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas Umia-Ulla

ORIXE: 

A Asociación AVANZAR é unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2008 por un grupo de persoas con discapacidade pertencentes á comarca de Caldas, coa finalidade de influír nesta zona, facilitando e favorecendo ao colectivo de persoas con discapacidade a plena integración, entodos os ámbitos da sociedade

MISIÓN:

Conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos,

da reivindicación do cambio social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

OBXECTIVOS:

  • Acadar unha sociedade onde o grupo social das persoas con discapacidade poidan gozar dos seus dereitos e condicións de igualdade real, co máis absoluto respecto a súa dignidade e diversidade.
  • Defensa do dereito a un xeito de vida e a un entorno social que garanta a vida independente e o desenvolvemento autónomo de toda persoa con discapacidade.
  • A defensa de dereitos e liberdades das persoas con discapacidade severa ou de gran dependencia, así como a promoción da súa integración e participación activa da sociedade.
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que os seus socios/as poidan cumprir axeitadamente a misión.
  • Promover actitudes positivas cara as persoas con discapacidade.
  • Promover a lexislación axeitada que mellore a situación do colectivo.
  • Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo con criterios de solidariedade.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da discapacidade.
  • Representar os seus membros no ámbito provincial, autonómico, estatal e internacional.

VALORES

  • Democracia interna.
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • O impulso da participación dos seus membros e todas as súas actuacións.
  • A transparencia e publicidade na xestión e actuación de intereses particulares.
  • Defensa das necesidades xerais por enriba de intereses particulares.
  • A defensa do grupo social como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas e asistenciais.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Comarca de Caldas, composta polos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Valga, Moaña, Cuntis, Pontecesures e Portas.

PERSOAS ASOCIADAS: 

Contamos con 120 persoas asociadas, das que 70 son mulleres e 50 son homes.

AVANZAR puxo en funcionamento unha serie de servizos e progamas dirixidos a ofrecer ó colectivo de persoas con discapacidade e ás súas familias opcións de mellora da súa calidade de vida.

Co fin de conseguir este obxectivo, AVANZAR desenvolve estes servizos:

  • Servizo de Información e Asesoramento, orientado
    a ofrecer información e asesoramento de temas relacionados coa
    discapacidade tanto ao colectivo de persoas con discapacidade coma ós
    familiares, administracións públicas, empresas, etc.
     
  • Servizo de Intermediación Laboral: En colaboración con COGAMI, xa se está a
    desenvolver este servizo nos diferentes concellos ámbito de actuación de
    AVANZAR. Para iso as profesionais correspondentes desprázanse aos
    puntos de atención habituais para atender as demandas das persoas
    usuarias da asociación e de tódalas persoas en xeral que teñan recoñecido
    algún tipo de discapacidade.
     
  • Coidado da saúde a través de programas específicos: Tales como,
    ximnasia, Tai Chí ... e tamén charlas dirixidas á adquisición de hábitos de vida saudables.
  • Información e Sensibilización Social: a través de charlas nos colexios
    e institutos de formación dos concellos que compoñen a comarca de
    Caldas.
  • Celebración do día da Discapacidade.
    Actividades de Ocio e Actividades Culturais.
  • Programación de excursións e saídas culturais e educativas, así como
    realización de pequenos obradoiros culturais (obradoiro de
    animación á lectura, obradoiro de poesía, etc.).

Por outra banda, realizáronse actividades tales como:

  • Obradoiros de coiro.
  • Accesibilidade: eliminación de barreiras e mellora para un pobo máis accesible para todos.
  • Actividades e campañas de sensibilización.
  • Ocio e tempo libre.


O domicilio social de AVANZAR está situado na Casa da Cultura Blanco Torres, Praza das Árbores, s/n Baixo, 36670 Cuntis, Pontevedra. 

As persoas que se acheguen ata a sede de AVANZAR, son atendidas nos seguintes lugares:

Cuntis: Centro Sociocultural "Xosé Raído Patelas".   

Horario: mércores de 11:00 a 13:00 horas.

 

Caldas de reis: Fogar do Maior.    

Horario: luns de 11:00 a 13:00 horas.

 

 

 

 

 

 

 

Tamén nos pode encontrar nas redes sociais:



Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!