Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra

Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra

AVEMPO é unha asociación constituída o 16 de outubro de 1996 ca misión de axudar e informar ós afectados de esclerose múltiple (EM) e familiares sobre esta enfermidade neurodexenerativa, realizando actividades, prestando servizos e brindando apoio para relantizar o deterioro que conleva esta enfermidade, para a cal contamos cos mellores profesionales e especialistas. 

OBXECTIVOS

Os obxectivos que persegue AVEMPO son:

  • Apoiar tanto a agrupación de todos os afectados pola Esclerose Múltiple e os seus familiares como de enfermidades similares que vivan na provincia de Pontevedra, para poder traballar de forma coordinada na consecución dos seus obxectivos.
  • Sensibilizar a opinión pública e as Administracións dos problemas de curación, tratamento e prevención destas enfermidades.
  • Facilitar información sobre estas enfermidades ós pacentes e os seus familiares co fin de conseguir un mellor coñecemento e implicacións das mesmas.
  • Potenciar todos os canales de información e sistema de axuda para as persoas asociadas a fin de proporcionar a integración social dos mesmos.
  • Estimular e promover a investigación científica destas enfermidades.
  • Cooperar con outras entidades que teñan a mesma finalidade.
  • ...

Nº DE PERSOAS SOCIAS

Somos un total de 395 persoas.

SOMOS MEMBROS DE:

 

AVEMPO mantén diversos servizos e actividades como son:

  • Atención Social.
    • Detectar as necesidades existentes nos afectados de EM e nos seus familiares.
    • Informar e orientar cara os recursos sociais existentes para mellorar a súa situación social e persoal.
    • Informar sobre diferentes cuestións relacionadas con incapacidade laboral, adaptación da vivenda, orientación formativa, etc.
    • Xestionar a demanda dos afectados.
    • Organizar campañas de sensibilización e captación de persoas voluntarias.
    • Planificación e execución de proxectos.
  • Fisioterapia.
    • Reeducar e manter todo o control voluntario posible.
    • Reeducar e manter os mecanismos posturales.
    • Mellorar e conseguir a continencia urinaria así como o fortalecemento da musculatura para equilibrar a estática pélvica.
    • ...
  • Atención psicolóxica.
    • Dotar a persoa afectada e ós seus familiares de ferramentas cás que afrontar con maior estabilidade e capacidade de integración as consecuencias da EM.
    • Posibilitar o desenvolvemento dos recursos necesarios para gozar dunha calidade de vida que non quede sometida ás fases da enfermidade.
    • Conseguir unha maior capacidade de control nos pensamentos negativos e situacións de ansiedade.
  • Terapia ocupacional.
    • Manter e restaurar as destrezas motoras e cognitivas da persoa usuaria.
    • Valorar e manter o máximo grao de independencia posible para o desempeño das actividades dentro de todas.
    • Prescribir e adestrar na colocación e uso dos produtos de apoio e adaptacións que a persoa usuaria necesite para garantizar a súa máxima adaptación.
  • Logopedia.
    • Adquirir a respiración diafragmática co obxectivo de diminuir a fatiga.
    • Estimular e tonificar a musculatura para aumentar a tonicidade da musculatura na fala, deglución e expresión oral.
    • Mellorar a coordinación fonorespiratoria.
    • Previr e tratar dificultades deglutorias.
    • Ofrecer sistemas alternativos de comunicación.

 

Dirección: Rúa Camilo Veiga, 44 Bajo 36208. Bouzas. Vigo. 

Teléfono /Fax:  986 29 88 65 – 685 11 33 98

E-mail: avempovigo@hotmail.com

Facebook: www.facebook.com/avempo

Twitter: www.twitter.com/avempo

Web: www.avempo.org

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!