Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral de Persoas con Discapacidade

Asociación Puzzle para a Loita contra a Exclusión Social e Laboral de Persoas con Discapacidade

  • Dirección: Campo da Barreira nº 3 - Fogar do Maior de Allariz
  • Código Postal: 32660
  • Localidade: Allariz
  • Provincia: Lugo
  • Correo electrónico: puzzle@allariz.com
  • Teléfono: 988554059
  • Teléfono móbil: NULL

ORIXE:

A orixe da asociación data a decembro de 2007, constituíndose como unha asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

MISIÓN:

Mellora contra a exclusión a nivel social e laboral que sofren as persoas con discapacidade e mellorar a calidade de vida destas persoas e dos seus familiares.

OBXECTIVOS:

Os fins principais que se pretenden acadar son:

  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade.
  • Apoiar ás familias para acadar melloras nas condicións de vida destas persoas.
  • Promover a integración laboral e social das persoas con discapacidade.
  • Crear as condicións para que se poida cumprir adecuadamente esta misión.
  • Promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade.
  • Promover lexislación adecuada que mellore a situación do colectivo.
  • Orientar, coordinar e impulsar o movemento asociativo con criterios de solidariedade.
  • Desenvolver estratexias solidarias de cara a acadar equilibrio na calidade e os servizos.
  • Calquera outra cousa que, de modo directo ou indirecto, poida contribuir ó cumprimento da misión do movemento asociativo que redunde en beneficio das persoas con discapacidade e as súas familias.

PRINCIPIOS E VALORES

A asociación baséase nunha actuación democrática dos seus membros, cunha actuación transparente e solidaria.

Acata os valores doutras asociacións cos mesmos fins: a consideración das persoas con discapacidade como suxeita de dereito e valores. A importancia da familia.

Considera como valor fundamental a promoción de autocontrol e autoevaluamento destas persoas.

Actividades na área formativa


Cursos e seminarios (para o persoal, persoas usuarias, directiva, persoas asociadas, etc.) e actividades de axuste persoal e psicopedagóxico (para favorecer a integración laboral e uns niveis de autonomía adecuados ás persoas con discapacidade). Dentro desta área formativa desenvolveránse obradoiros ocupacionais e prelaborais, nos que se buscaría como obxectivo a adaptación, formación e promoción laboral das persoas con discapacidade.

Actividades desenvolvidas na área asistencial

Dirixidas a persoas con discapacidade que precisan dun apoio xeralizado, co obxectivo de garantir o máximo desenvolvemento individual, potenciando o benestar físico e psíquico a autodeterminación, a autonomía persoal e a relación e integración familiar e social.

Outros servizos

Actividades coma un programa de atención á familias, programas de ocio e tempo libre, programas de actividades deportivas ou outros servizos como transporte  e comedor.

Pódenos encontrar no Centro de Servizos Sociais sito no Fogar dos Maiores, Campo da Barreira, nº 3 de Allariz (Ourense)

Ou tamén no noso Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!