Asociación Galega de Fibrose Quística

Asociación Galega de Fibrose Quística

  • Dirección: Avda Arteixo, nº85, baixo
  • Código Postal: 15007
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: fqgalicia@fqgalicia.org
  • Teléfono: 981240867
  • Teléfono móbil: 650404526
  • Páxina Web: www.fqgalicia.org

ORIXE:

Nace no ano 1985 e coa súa creación preténdese dar apoio e información ás persoas con Fibrose Quística e as súas familias de FQ en Galicia.
No ano 2016 abrimos unha delegación en Vigo, avenida de Teixugueiras nº15 Navia,na que contamos cunha oficina, grazas o espazo cedido por parte de COGAMI.  A Asociación foi declarada en xaneiro do 2017 de utilidade pública. No 2018 abrimos unha nova delegación en Ourense, en Rúa Recaredo Paz

Actualmente, consta de cento sesenta e sete socios repartidos polas 4 provincias da Comunidade Galega, tales como socios con Fibrose Quística, familiares e persoas sensibilizadas coa causa.

MISIÓN

A Asociación Galega de Fibrose Quistica ten como misión contribuir o coñecemento, estudio e investigación sobre a fibrose quistica, así como promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas  con fibrose Quistica ou das suas familias


VISIÓN

A AGFQ ten como visión constituirse nunha entidade consolidada e ampliamente recoñecida pola sociedade en xeral, polos seus valores, compromisos e liderado nas metodoloxías de traballo e na procura da excelencia nas actuacións dirixidas o grupo social das persoas afectadas de fibrose quística ou das súas familias.

                            

VALORES

Democracia interna.Solidaridade entre os seus membros.Impulso da participación dos seus membros e todas as súas actuacións.Transparencia e publicidade na xestión e actuación dos seus socios. Defensa das necesidades xerais por encima de intereses particulares. A defensa do grupo social como titular de dereitos, evitando os mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:
A Asociación abarca toda a comunidade de Galicia atendendo a todas as provincias, por un lado temos unha sede en A Coruña que atende as persoas socias con fibrose quistica e familiares da zona de A Coruña e Lugo y unha delegación que atende a parte norte de Galicia, Ourense e Pontevedra.    


FORMAMOS PARTE DE:
A Asociación Galega forma parte da Federación Española de fibrose Quistica e de FEGEREC, a federación galega de enfermidades raras e crónicas.

TRABALLO SOCIAL:

Horario: Martes e xoves de 09:00 a 15:00

Lugar: Avda Arteixo, nº85, bajo. CP: 15007 (A Coruña)

Tarefas: xestións administrativas, preparar documentación relacionada con subvencións e as súas correspondentes xustificacións, información sobre os servizos dispoñibles, achega de documentación sobre a enfermidade, derivacións, busca de recursos, reunións, información á prensa escrita, as televisións, etc.

FISIOTERAPEUTA a domicilio:  Un fisioterapeuta realiza sesións de fisioterapia respiratoria gratuitamente no domicilio da persoa usuaria.

                  

SERVIZO DE PSICOLOXIA A TRAVÉS DE CLÍNICAS:

  • Clínica Movement studio domicilio en calle Nicaragua nº51 baixo, Vigo Pontevedra.
  • Clínica de Maria Gabriela, en Pontevedra.

SERVIZO DE FISIOTERAPIA EN CLÍNICAS:

  • Clínica Cecilia Alcázar Alonso domicilio en avenida Val Miñor nº61G, Nigrán código postal 36350.
  • Clínica fisioterapia ACañiza,domicilio en A Cañiza Rúa do Progreso 49 baixo.
  • Hospital nosa señora de Fatima:
  • Clínica Movement studio domicilio en calle Nicaragua nº51 baixo, Vigo Pontevedra.

SEDE:

Enderezo: Avda Arteixo, nº85, baixo. CP: 15007 (A Coruña)

E-mail: fqgalicia@fqgalicia.org

DELEGACIÓN:

Enderezo: Avenida de Teixugueiras nº 15 Bajo Pontevedra 36212

E-mail: tsvigo@fqgalicia.org

Web: www.fqgalicia.org

Facebook:

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

                                                                                                               

Día Mundial da Fibrose Quística en Baiona

Día Mundial da Fibrose Quística en Baiona

Actividades Día Mundial da Fibrose Quística, na Praza do concello de Baiona (Pontevedra), o domingo 3 de setembrom ás 10 horas.

Fibrose Quística organiza zumba solidario

Fibrose Quística organiza zumba solidario

O martes 25 de xullo en Praia América en Nigrán ( Pontevedra ) as 18.30, clases de zumba a favor da fibrose quística