ASOTRAME Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea

ASOTRAME Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea

  • Dirección: C/ Cuatro Caminos s/n Local Social de A Gándara
  • Código Postal: 15570
  • Localidade: Narón
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: asotrame@asotrame.com
  • Teléfono: 698130684
  • Teléfono móbil: 627692377
  • Páxina Web: www.asotrame.com

ORIXE:

ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares) nace no ano 2013 co obxectivo fundamental de mellorar  a calidade de vida das persoas transplantadas de médula ósea, de aquelas que se encontran inmersas no proceso dun cancro hematolóxico, dos seus familiares e, polo tanto, do conxunto da sociedade. 

Na breve historia da asociación, conseguiu transladar á sociedade a importancia de donar médula ósea, como un xesto de solidariedade que entendemos que debe ser íntrinseco ao ser humano, e que permite salvar moitas vidas ao longo do ano.

OBXECTIVOS

As liñas de actuación céntranse en tres obxectivos principais, que son:

- Colaborar nos proxectos de investigación sobre o cancro hematolóxico.

- Informar e sensibilizar ao conxunto da poboación en todo o relacionado coa donación de médula ósea.

- Proporcionar información, asesoramento e soporte emocional a persoas pacentes de cancro hematolóxico e aos seus familiares.

FORMAMOS PARTE DE

ASOTRAME forma parte de:

- ALCLES: Agrupación de Asociacións de Loita contra o Leucemia e Enfermidades da Sangue, a nivel nacional. Esta entidade, nada no ano 1994, logrou grandes fitos en pro da mellora da calidade de vida das persoas que padecen algún tipo de cancro, e a día de hoxe, segue ofrecendo as súas persoas usuarias unha serie de servizos e programas que permiten a atención integral das persoas pacentes.

- GEPAC: Grupo Español de Pacentes con Cancro. Organización independente e sen ánimo de lucro que ten como propósito compartir recursos e experiencias e ter unha soa voz  ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde. GEPAC ofrece información  e asesoramento psicooncolóxico, social, xurídico, oncoestético e de rehabilitación física para persoas con cancro e os seus familiares.

 

Son numerosas as actividades realizadas  e proxectos levados dende ASOTRAME, entre as que se poden destacar:

  •  Mellorar a calidade de vida de pacentes e ex pacentes con cantro hematolóxico e as súas familias.
    • Entrega dun monitor e un proxector na ciber-aula do hospital Materno Infantil (A Coruña).
    • Yoga para pacentes con Cancro.
    • Taller de yoga integral para pacentes, ex pacentes e familiares en Narón.
    • Entrega e colocación de dous sofás para familiares en habitacións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
    • Actividades de ocio para nenos e nenas oncolóxicos.
    • Exposición "Luces de Colores".
    • "Como en casa" Vivienda de estancia temporal para pacentes oncohematolóxicos e familiares
  • Informar e sensibilizar ao conxunto da sociedade sobre o proceso de donación de médula ósea.
    • Información en puntos de Extracción de sangue, centros comerciais, e lugares de afluencia de público.
    • Exposición "Reflexos de vida".
    • Charlas e actividades de sensibilización.
    • Guía de donación de médula ósea..
    • Revista "Vivir é increíble"
    • Organización de eventos culturais, deportivos e de ocio.
  • Colaboración en proxectos de investigación contra o cancro.
  • Formación continua de traballadores e voluntariado.
  • ...

 

Pódenos localizar no seguinte enderezo:

C/ Cuatro Caminos s/n
Local Social A Gándara

Primer piso


CP: 15570 Narón, A Coruña

 

Ou na nosa páxina web:

 

www.asotrame.com

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

 

Non se atoparon resultados!