Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña

Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña

  • Dirección: Rúa Rafael Alberti, nº10, baixo
  • Código Postal: 15008
  • Localidade: A Coruña
  • Provincia: A Coruña
  • Correo electrónico: grumico@grumico.com
  • Teléfono: 981135151
  • Teléfono móbil: 662596786
  • Páxina Web: http://grumico.com/

ORIXE:

GRUMICO, Grupo de Persoas con Discapacidade física de A Coruña, é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en 1979 que loita por defender os dereitos e intereses das persoas con discapacidade física, ó mesmo tempo que ofrece unha serie de servizos que procura adecuar ás necesidades das persoas asociadas

MISIÓN:

O noso obxectivo prioritario é traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade física e do seu entorno, defender os seus dereitos e intereses e promocionar a súa autonomía persoal. Por iso ofrecemos unha serie de servizos cos que pretendemos:

  • Orientar, asesorar e apoiar a persoas socias e familiares.
  • Manter e mellorar a autonomía persoal.
  • Fomentar a participación social, formación, ocupación do ocio e tempo libre.
  • Loitar pola consecución dun entorno accesible.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

O noso campo de actuación abarca a cidade de A Coruña e os concellos limítrofes.

PERSOAS ASOCIADAS:

Na actualidade a nosa base social está formada por 467 persoas asociadas, 93 mulleres e 374 homes.

Co obxectivo de satisfacer as  demandas das nosas persoas asociadas, promóvense actividades dirixidas a cubrir as necesidades formativas, informativas e de asesoramento, sociais, sanitarias, de promoción da autonomía e fomento da accesibilidade así como actividades de ocio e tempo libre entre outras.

O nosos servizos actuais son:

  • Fisioterapia.
    • Sesións individualizadas para promover o mantemento ou recuperación das capacidades motrís e a reeducación funcional da persoa con discapacidade física, procurando a consecución do máximo nivel de autonomía posible.
  • Terapia ocuapacional.
    • Ten como obxectivo principal dar resposta ás diversas necesidades do usuario, proporcionando os medios para adaptarse e participar activamente no seu entorno maximizando os seus niveles de funcionalidade e independenza.
  • Transporte adaptado.
    • A nosa entidade realiza diariamente un servizo de transporte  adaptado e acompañamento, mediante uns vehículos especialmente adaptados. Este servizo está dirixido a persoas con mobilidade reducida que teñen dificultade para o uso do transporte público. Con este servizo preténdese mellorar a mobilidade diaria dos nosos socios, conseguindo un apoio á promoción da autonomía persoal e unha mellora na calidade de vida das persoas con discapacidade e os seus familiares.
  • Traballo social.
    • Con este servizo preténdese por un lado coordinar os distintos programas que se levan a cabo na entidade, así como ofrecer unha atención social directa a todas aquelas persoas que o necesiten.
  • Gabinete de accesibilidade.
    • O obxectivo é ofrecer un servizo de orientación, información e asesoramento e promoción da accesibilidade do noso entorno así como realizar un labor de concienciación en todos os ámbitos da nosa sociedade.
  • Actividades de formación e sensibilización.
    • Desde a nosa entidade consideramos firmemente  na formación como elemento indispensable para o cambio; por esta razón, consideramos fundamental promover actividades dirixidas a todo tipo de colectivos ( mozos/as, profesionales sanitarios, profesionales no ámbito do social, docentes...), destinadas á visibilización, concienciación e formación no ámbito da discapacidade.
  • Voluntariado.
    • GRUMICO está rexistrada como entidade de acción voluntaria de Galicia e como tal, leváronse a cabo dous tipos de programa de voluntariado:
      • Programa de acompañamento social.
      • Programa de acompañamento no servizo de transporte adaptado.
  • Escola de xoiería.
    • Na nosa escola fórmase a persoas con discapacidade en situación de desemprego no campo da xoiería.
  • Actividades de ocio e tempo libre.
    • Realízanse ó longo do ano distintas actividades de ocio dirixidas a socios e familiares. Co obxectivo de promocionar o ocio e  aumentar a participación social das persoas con discapacidade e os seus familiares.
  • Outros servizos de GRUMICO:
    • Un dos obxectivos principais é apostar por satisfacer as necesidades dos nosos socios e familiares, intentando aportar variedade nos nosos servizos. Para isto, contamos ca colaboración de expertos na materia, axenos ó equipo de GRUMICO, que imparten clase no noso local social:
      • Taller de fotografía, pintura, informática, teatro...

 

Velaiquí un vídeo resumo:

 

Pódenos localizar no seguinte enderezo:

 

 

Rúa Rafael Alberti, nº10, baixo    

CP:15008, A Coruña

Correo: trabajosocial@grumico.com

Páxina web: http://grumico.com/

Ou tamén no noso Facebook:

 

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

                            

Grumico organiza pinchos de nadal
  • Lecer
  • 21 de diciembre de 2018

Grumico organiza pinchos de nadal

O vindeiro día 21 esperámosvos!!! non faltedes que pasaremos lista!!!

GRUMICO organiza cineforum

GRUMICO organiza cineforum

O sábado 26 de maio, de 12:00 a 14:00 en Grumico, como parte do Obradoiro de Educación Emocional, temos preparado unha estupenda sesión de cine na que visualizaremos a película "Del revés" (Inside Out).

GRUMICO organiza obradoiro de emocións básico

GRUMICO organiza obradoiro de emocións básico

Desenvolve a tua intelixencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO organiza obradoiro de Hábitos de Vida Saudable

GRUMICO organiza obradoiro de Hábitos de Vida Saudable

O próximo venres 23 de marzo de 9:30 a 13.30, no local social de GRUMICO, terá lugar un "Obradoiro de hábitos de vida saudables".

GRUMICO organiza obradoiro de conciencia emocional

GRUMICO organiza obradoiro de conciencia emocional

Desenvolve a tua conciencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO organiza obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras

GRUMICO organiza obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras

O venres 23 de febreiro en horario de 9:30 a 13:30 terá lugar na sede de GRUMICO un Obradoiro de prevención de problemas de espalda para persoas coidadoras.

GRUMICO organiza obradoiro de educación emocional

GRUMICO organiza obradoiro de educación emocional

Desenvolve a tua intelixencia emocional aprendiendo a identificar y a xestionar as tuas emocións.

GRUMICO abre inscrición para actividades deportivas
  • Lecer
  • 22 de enero de 2018

GRUMICO abre inscrición para actividades deportivas

Xa están en marcha as actividades deportivas que GRUMICO S.D está a desenvolver no marco do Proxecto Fomento do deporte inclusivo e solidario financiado pola Fundación Emalcsa.

GRUMICO realiza obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

GRUMICO realiza obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

Xoves día 9 de novembro en horario de mañán de 09.30-13.30 na sede social de GRUMICO, Obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación.

GRUMICO participa en DIVERSIDARTE
  • Lecer
  • 03 de noviembre de 2017

GRUMICO participa en DIVERSIDARTE

Festival das Artes pola inclusión e a diversidade.

EXCURSIÓN Á FEIRA DAS FABAS DE PONTECESO
  • Lecer
  • 28 de octubre de 2017

EXCURSIÓN Á FEIRA DAS FABAS DE PONTECESO

O próximo sábado 28 de outubro GRUMICO organiza unha excursión a XXVII Feira das Fabas de Ponteceso.

GRUMICO realiza obradoiro de fotografía artística

GRUMICO realiza obradoiro de fotografía artística

O próximo luns 16 de outubro e ata o 18 de decembro en horario de 17:00-19:00, comezamos un novo obradorio de FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA na sede social de GRUMICO.

Queres ser voluntari@?

Queres ser voluntari@?

Anímate e vén a coñecer os nosos programas de voluntariado, así como a experiencia das persoas voluntarias xa participantes.