Liga Reumatolóxica Galega

Liga Reumatolóxica Galega

A Liga Reumatolóxica Galega é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas, familiares e profesionais, que traballan na comunidade autónoma galega co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación afectada por estas patoloxías. Nace no 1996 coa finalidade de promover e desenvolver, a nivel individual e social, a loita contra as enfermidades reumáticas, a súa prevención e profilaxis, tratamento e rehabilitación, coa asistencia ás persoas afectadas por estas doenzas.  

Está composta por catro delegacións (A Coruña, Lugo, Vilagarcía de Arousa e Vigo) e entre os seus principais obxectivos atópanse:

  • Construir, manter, subvencionar e promover a creación de organizacións, centros e establecementos para a profilaxis, investigación tratamento ou rehabilitación dos doentes reumáticos.
  • Fundar, contribuir, manter, dirixir e subvencionar a creación de locais de traballo para os doentes reumáticos, de acordo coas posibilidades de cada un deles, tendo en conta as súas limitacións físicas.
  • Promover, dirixir, subvencionar e cooperar coas campañas de educación sanitaria destinadas á divulgación das doenzas reumáticas e das súas consecuencias, prevencións e terapéuticas.
  • Promover e cooperar na organización de xuntanzas, conferencias e congresos sobre doenzas reumáticas e as súas incidencias e consecuencias.
  • Desenrolar e fomentar as actividades docentes destinadas a formación do persoal técnico especializado no diagnóstico, tratamento e profilaxis das doenzas reumáticas e da rehabilitación dos doentes asi coma subvencións e becas.
  • Divulgar o coñecemento na investigación, o tratamento e a profilaxis das doenzas reumáticas e das técnicas de rehabilitación dos que están afectados, así como a publicación e adquisición de revistas, folletos e obras científicas e documentación en xeral.
  • Subvencionare financiar, total ou parcialmente, o tratamento e a rehabilitación do doente reumático de economía deficitaria.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN

LIREGA desenvolve as súas actividades dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entre as nosas principais actividades, dispoñemos:

 

  • TERAPIA OCUPACIONAL

A nosa terapeuta ocupacional presta servizo a toda Galicia, desplazándose ás sedes. Mediante o asesoramento e adestramento de talleres ocupacionais, utilización de productos de apoio, eliminación de barreiras arquitectónicas no fogar, centro de traballo e/ou estudo...modifica o rol da persoa pacente na vida autónoma:

- Supresión de barreiras.

- Campaña de sensibilización escolar.

- Xornadas municipais.

- Obradoiros e programas:

  • Obradoiro de laborterapia.
  • Programa de Pacente a Pacente.
  • Programa de lecer e benestar para pais e nais e persoas usuarias.

 

  • PSICOLOXIA

A nosa psicóloga presta atención a persoas usuarias de toda a Comunidade Autónoma atendendo as delegacións así como a persoas usuarias de toda Galicia. O obxectivo é ofrecer apoio e soporte ás persoas que padecen ER e as súas familias. Dentro deste servizo atopámonos cos seguintes obxectivos:

- Axustar as demandas derivadas da condición crónica ás necesidades da familia e de cada un dos seus membros.

- Desenvolver estratexias para o abordaxe de condición crónica.

- Facilitar o apoio familiar e potenciar as áreas de competencia da familia.

- Facilitar a axuda entre familias e disminuir o sentimento de aillamento.

Dentro da psicoloxía, atopamos:

- Grupos de apoio.

- Obradoiros e xornadas.

  • EMPODERAMENTO PARA A INSERCIÓN LABORAL
  • DINAMIZADOR

 

 

A nosa localización é:

 

 

Centro Cívico A Silva

R/ Venela s/n

15008, A Coruña

email: info@ligagalega.org

Páxina web: http://www.ligareumatoloxicagalega.es

Teléfono: 981236586

Enche o formulario de contacto se desexas contactar coa asociación

Non se atoparon resultados!