Dende o ano 2011 COGAMI proporciona un servizo de fisioterapia completo e especializado adaptado ás necesidades da persoa. É un centro aberto a toda a poboación, tanto adulta como infantil, e a calquera tratamento propio dun servizo de atención fisioterapéutico, nacendo coa pretensión de especializarse e chegar a ser un referente en servizos dirixidos a persoas con discapacidade.

Actualmente, profesionais de fisioterapia e terapia ocupacional formados no ámbito neurolóxico, ofrecen servizos con finalidade preventiva, educativa e terapéutica, para o tratamento das enfermidades que cursan con discapacidades ou a recuperación da funcionalidade, tratando:

  • Lesións medulares (paraplexía, tetraplexía) e espiña bífida.
  • Esclerose múltiple e esclerose lateral amiotrófica.
  • Ataxia e Parkinson.
  • Distrofias musculares e enfermedades neuromusculares raras.
  • Parálise cerebral infantil e problemas locomotrices por alteración no neurodesarrollo (prematuridade, meningitis, alteracións sensoriais, problemas de tipo ortopédico, entre outras).

O obxectivo é adquirir, recuperar ou manter unha actividade funcional motora e de tratamento da dor, utlizando técnicas e métodos neurolóxicos como son Concepto Bobath, Terapia Vojta, Concepto INN, Método Perfetti e Concepto Halliwick.

 

OFRECEMOS OS SEGUINTES SERVIZOS DENDE A ETAPA INFANTIL E ADULTA:

Para máis información descarga o folleto aquí