O Servizo de Intermediación Laboral funciona como unha axencia de colocación no colectivo das persoas con discapacidade.

O Servizo de Intermediación, Orientación e Prospección de Emprego (SIL) nace en 1996 como unha aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral. Para ilo conta cun equipo formado por 40 orientadoras e orientadores e axentes de emprego localizados nas sete cidades galegas, que se desprazan para atender as necesidades do rural.

Os profesionais do SIL realizan entrevistas de orientación laboral, visitan empresas para captar ofertas de emprego e sensibilizar sobre a discapacidade, realizan accións grupais de busca de emprego e de motivación,... En definitiva, o SIL proporciona os medios para que a persoa con discapacidade que busca emprego poida atopalo canto antes.

O SIL é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e está autorizado como Axencia de Colocación recoñecida co nº 1200000003.

Se tés unha empresa, podes ver aquí as MEDIDAS ALTERNATIVAS que hai para a contratación. Podes mirar neste SIMULADOR, como a igual CAPACIDADE podes obter menos custos laborais.

Para máis información, podes contactar a través do teléfono 981 574 698 ou enviando un correo sil@cogami.gal ou seguir a través do Facebook.

Ofertas de Emprego