R_ Coidador/a para persoas con discapacidade para Santiago

REQUISITOS

Titulación relacionada con auxiliar de enfermería ou certificado de profesionalidade na rama de atención sociosanitaria.

Competencias para o traballo en equipo, actitude positiva, actitude de respecto cara ás persoas usuarias e familiares, habilidades sociais para mellorar a comunicación coas persoas usuarias.

Imprescindible estar en posesión do certificado de discapacidade.

 

FUNCIÓNS

Entre as funcións a desempeñar están:


Hixiene persoal da nena/neno ou persoa adulta cando sexa necesario.


Acompañamento  e axuda no WC


Realizar os cambios posturais ou transferencias da persoa usuaria aos distintos espazos en base ás necesidades das intervencións terapéuticas.

Comunicar as incidencias que se produzcan sobre a saúde das persoas usuarias.


Limpar e preparar o mobiliario, materiais e útiles das terapias.


Acompañar ás persoas usuarias e ao persoal de terapia nas saídas, paseos, xestións, excursións, xogos e tempo libre en xeral.

Colaborar co equipo de profesionais mediante a realización de tarefas elementais que complementen os servizos especializados, no fomento da autonomía persoal das persoas usuaria e a súa participación na vida social. En todas as relacións ou actividades coa persoa do proxecto innovador, complementar o traballo asistencial, educativo e formativo que reciban do equipo profesional.

Actuar en coordinación e baixo a responsabilidade do equipo profesional de quen dependa directamente.


En xeral, todas aquelas actividades que, sen ser especificadas antes,lle sexan encomendadas, que estén incluidas no exercicio da súa profesión e preparación técnica, e que teñan relación co señalado anteriormente.

 

CONDICIÓNS

Contrato temporal.

Incorporación inmediata.

Xornada completa.


Si Non