R_ Responsable de produción e calidade para Bergondo (A Coruña)

REQUISITOS

Requisitos mínimos

Formación superior, preferiblemente en Enxeñería Industrial ou Mecánica.

Experiencia no posto de polo menos 5 anos e experiencia en postos de calidade e produción.

Coñecemento e experiencia no manexo de ferramentas para o control de produción e planificación.

Coñecemento da normativa: EN 14683:2019 e UNE-EN ISO 13485:2018

Experiencia en uso de ERP de xestión empresarial.

Dotes de comunicación e liderado. Capacidade de xestión, planificación, análise, e organización.

 

Requisitos desexados

Valorarase moi positivamente estar en posesión do certificado de discapacidade e ter experiencia no sector de equipos médicos e cirúrxicos e/ou na rama social.

 

FUNCIÓNS

Responsable de Produción e Calidade para a posta en marcha do seu novo Centro Especial de Emprego dedicado á fabricación de máscaras cirúrxicas.

Definir e elaborar o Plan de Produción (mensual, anual...), acorde co Plan Estratéxico ou Comercial que se defina para o Centro e de acordo á capacidade produtiva das máquinas.

Supervisar, controlar e efectuar un seguimento do plan de produción e do proceso de produción segundo o sistema de calidade de produtos sanitarios.

Planificación, supervisión e mantemento da normativa de Calidade "EN 14683:2019" esixidos para a fabricación do produto.

Elaborar a política de compras e loxística de materias primas, custos, apoiándose na xerencia do Centro. Será responsable da xestión de pedidos e compras.

Planificar e xestionar os recursos materiais dispoñibles a través da optimización de materiais, estudo de perdas, incidencias, etc.

Supervisar o mantemento das máquinas e equipos e velar polo correcto funcionamento dos mesmos.

Vixiar e fai cumprir a Prevención de Riscos no Centro.

Dirixir e xestionar ao equipo de persoas ao seu cargo motivándoos cara ao logro de obxectivos e do correcto desempeño das súas funcións, potenciando a súa formación e desenvolvemento.

 

OFRÉCESE

Incorporación a un proxecto en plena fase de crecemento con posibilidades de desenvolvemento.

Si Non